Cando falamos de El Moreno Beach, falamos de liberdade creativa.
A súa creadora, Patricia Casás, converteu a súa intuición no piar fundamental dunha marca que foxe dos escaparates clónicos e das producións en masa. No seu proceso creativo non hai patróns fixos nin regras académicas; hai historias, viaxes, inspiración na cultura navalla e mexicana, e moito traballo artesanal dende A Coruña.
Este sábado 20 de xuño, de 17:00 h a 20:30 h, queremos convidarvos a vivir o universo de El Moreno Beach dende dentro. O noso espazo en Ese Sitio (rúa Orzán 194, baixo) transfórmase por unhas horas nunha tenda pop-up efémera onde poderás tocar, probar e namorarte de chaquetas, chalecos e pezas denim cargadas de parches, bordados e frecos únicos.
Pásate a apoiar o deseño local con alma e a tomar algo connosco nunha tarde feita por e para os amantes do auténtico. ¡Agardámoste!
Portas abertas, Feirarrúa e un obradoiro de memoria ilustrada con Molu Ares
Os vindeiros sábado e domingo (6 e 7 de xuño), Ese Sitio participa nunha nova edición de Estudios Abertos, unha iniciativa que invita a descubrir os espazos de creación da cidade, coñecer os seus procesos e achegarse ás persoas que están detrás dos proxectos.
Durante toda a fin de semana poderedes visitar o noso estudo e coñecer de preto o traballo que realizamos arredor do deseño, a ilustración, a edición e os proxectos culturais que habitan este espazo.
Ademais, o sábado coincide cunha nova edición de Feirarrúa, o mercado creativo do Soho Orzán. Unha ocasión perfecta para percorrer o barrio, descubrir proxectos locais e achegarse aos distintos espazos participantes.
Arte, ilustración, artesanía, libros, deseño e moitas ganas de compartir rúa e creatividade.
Artista convidada: Molu Ares
Nesta edición teremos a sorte de contar coa presenza da ilustradora Molu Ares como artista convidada.
O seu traballo explora a memoria, os espazos habitados e as pequenas historias que constrúen a identidade dos lugares. Durante a fin de semana poderedes coñecer mellor a súa obra e conversar con ela sobre os seus procesos creativos.
Obradoiro gratuíto
“Postais dunha Coruña desaparecida”
Obradoiro de memoria ilustrada colectiva
📅 Sábado 🕓 16:00 h 🎟️ Actividade gratuíta
Hai cidades que desaparecen pouco a pouco.
Un comercio que pechou, un cine que xa non existe, unha cafetería onde sempre había alguén coñecido, un cartel luminoso que formaba parte da paisaxe ou unha praza que mudou tanto que case non a recoñecemos.
Neste obradoiro propoñemos recuperar esas memorias e transformalas en pequenas pezas visuais.
As persoas participantes poderán compartir recordos dunha Coruña que xa non está ou que mudou co paso do tempo e, a partir deles, crearán unha postal ilustrada mediante técnicas de collage.
Algunhas das propostas poderán inspirarse en:
Un comercio que botas de menos
Unha rúa que xa non é igual
Un lugar da infancia
Algo típico que desapareceu
Unha escena cotiá doutra Coruña
Traballaremos con cartolinas, mapas antigos, recortes, tipografías históricas e reproducións de prensa local para construír postais que parezan chegadas doutra época.
A clave do obradoiro é sinxela: imaxinar unha postal enviada desde unha Coruña que xa non existe, pero que segue viva na memoria das persoas que a habitaron.
Este sábado, as mans énchense de cor en Ese Sitio. Convidámosvos a participar nun obradoiro moi especial de mans da ilustradora Irene Sanjuán, pensado para desconectar, aprender e gozar do proceso creativo nunha contorna única.
Neste “Encontro coa Acuarela”, non importa se nunca colliches un pincel ou se xa tes experiencia; o obxectivo é explorar a técnica dun xeito libre e relaxado. Aproveitando que se achegan datas especiais, traballaremos na creación dunha peza personalizada: poderás ilustrar un obxecto único ou deseñar unha tarxeta artesanal para mamá.
Para que a tarde sexa redonda, acompañaremos a sesión cun picoteo doce, ideal para compartir ideas e inspiración entre pinceladas.
Detalles do taller:
Data: Sábado, 18 de abril.
Horario: De 17:30h a 20:30h.
Lugar: Ese Sitio (r/ Orzán 194, baixo, A Coruña).
Prezo: 50€ (con todos os materiais incluídos e merenda doce). Non é preciso experiencia
Inscricións: É imprescindible reservar praza chamando ou enviando un WhatsApp ao 687 139 139.
O planazo que o teu can estaba agardando xa está aquí! En Ese Sitio celebramos a chegada do bo tempo cunha xornada dedicada ao deseño, á ilustración e, por suposto, aos nosos peludos.
Ven gozar dunha tarde chea de arte e comunidade perruna con colaboradoras incribles:
📸 SESIONES PERRUNAS (@sesionesperrunas): Consegue o retrato definitivo do teu mellor amigo! Por só 5€, lévaste unha micro-sesión profesional do teu can no noso recuncho decorado. 🎁 E hai premio! Só por participar na micro-sesión, entrarás directamente no SORTEO dunha sesión fotográfica completa. Unha oportunidade única!
🌿 THE WOOFIS CLUB (@thewoofisclub): Ven tocar e probar os accesorios sostibles con máis estilo. Correas e colares de deseño consciente que demostran que se pode ser eco-friendly e ter o can máis “cool” do parque.
📚 ESQUINA DO ILUSTRADOR: Seleccionamos as xoias ilustradas sobre cans máis bonitas do mercado. Perfectas para regalar ou para a túa colección persoal, onde a ilustración é a verdadeira protagonista.
Vén co teu can (coas súas mellores galas!), coñece a outros amantes dos animais e lévate un recordo inesquecible.
📍 Onde? Ese Sitio. Rúa Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña 🗓️ Cando? Sábado 21 de marzo ⏰ Horario: dende as 17:30h ata as 20:30h
Non te quedes sen a túa foto! As prazas das micro-sesións son por orde de chegada. Se prefires reservar hora, escribe un whatsapp ao teléfono 687 139 139.
Retomamos Teatro Mínimo, un proxecto que nos engancha: teatro de proximidade nun espazo, non se precisa nada máis ou, mellor dito, non se sabe que pode ocorrer. Mirando no histórico comezamos con este proxecto en 2017 en No Importa. Tivo continuidade en Ese Sitio, e ¡pam! a pandemia parouno. Así que hoxe fainos especial ilusión, e tamén porque comeza cunha peza traballada en Molembir Teatro. O noso grupo residente favorito 🙂
Nesta ollada cara atrás tamén lembramos, como non, ao mestre Manuel Lourenzo, quen participou e apoiou sempre esta actividade.
O proprietário orixinariamente é unha peza para monicreques escrita polo escritor arxentino Roberto Espina. Inés González e Daniel Mezquita son os actores que, baixo a dirección de Carlos Colmenero, interpretan o sentido ou o sen sentido da posesión.
Ficha técnica da obra:
O proprietário Intérpretes: Inés González e Daniel Mezquita Texto: Roberto Espina Tradución: Segreis, música e poesía Dirección: Carlos Colmenero Funcións: 31 de xaneiro de 2026 Pases: 19h / 20h Duración: 15′ aprox. Entrada: 3,50 euros Lugar: ESE SITIO r/ Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña
MAPA SITUACIÓN PETISCOS, MERCADO DE ARTE E ÁREA INFANTIL
O sábado 8 de novembro, o Soho Orzán enchése de sabor, cor e creatividade coa nova edición de Feirarrúa Gastro&Arte. Este ano celebramos o III aniversario cunha edición moi especial que combina gastronomía, arte e actividades para toda a familia.
🥂 II Concurso de Petiscos
Todos os petiscos teñen un precio único de 3,50 euros cada un. Descubre os sabores máis auténticos da cidade con dúas rutas de degustación:
🍴 Ruta Salgada
📍 Praza Cormelana 🕓 Horario: de 12:00h a 16:30h Participan: Yebra · A Capela · La Lengua de la Suegra · A Espiga · Pablo Gallego · Toloache · A Chousa de Abaixo · Miña Nai · Ártabro Brioche · A Empanadería
🍰 Ruta Doce
📍 Dende Praliné (rúa Orzán 150) ata a Praza de Vista 🕓 Horario: de 12:00h a 20:00h Participan: Petiscos Doces · Dulces Sueños · Pan e Canela · Pistachio Pastel · O Pettit · Praliné
🏆 Premios do Xurado
Mellor Petisco Salgado
Mellor Petisco Doce
👩⚖️ Xurado 2025: Diana Sobral Cabanas (Concello da Coruña) · Borja López Cotelo (Asoc. Soho Orzán) · Pablo Gago (gañador da I edición) · Antía Yuste (CIFP Paseo das Pontes) · Carlota Fariña (xornalista e creadora gastro)
🎨 Mercado de Arte
Durante todo o día poderás gozar dun espazo de exposición e mercado de arte local, de 12h a 20h.
📍 Dende Praliné (rúa Orzán 150) ata a Praza de Vista 🕓 Horario: horario de mañá e tarde De 12.30h a 14h e de 17h a 19:30h Durante a mañá (ata as 14h) e pola tarde (a partir das 17h) haberá actividades de animación infantil, xogos e talleres para os máis pequenos.
📅 Información xeral
📍 Soho Orzán: Zona peonil do Orzán, Praza Cormelana e Praza José Sellier 🕓 De 12h a 21h 👥 Organiza: Asociación Soho Orzán 🤝 Colaboran: Concello da Coruña e Revista Pincha
Retomamos unha das actividades máis recomendabeis do noso espazo co grupo residente Molembir Teatro. Por que nos gusta tanto? Porque a interpretación aplicámo-la a calquera faceta da nosa vida: recoñecémonos, adestramos o noso corpo, analisamos textos, desenvolvemos empatía, modulamos a mensaxe que queremos transmitir, e por que non, aprendemos a manexar emocións e a relacionarnos en grupo.
Os encontros serán un día á semana. Empezaremos os luns ás 19h, coa opción de adaptarse aos grupos que se formen. Que quere dicir? Explícase por como está estruturado o guión das sesións:
-En outubro comezamos coa dinámica de adestrar e recoñecer os elementos que interveñen nunha escena. Faranse actividades divertidas ou mesmo disparatadas propias dos talleres de teatro.
-A segunda parte enfocarase en como se prepara unha personaxe. Nesta etapa crearanse escenas ou se utilizarán textos de exemplo, de forma grupal e amena.
-A partir desta segunda fase é cando decidimos cara a onde quere ir cada un. É dicir, preparación de obra coral ou traballos individuais. En función desta evolución volveremos revisar días para ensaios ou preparación.
Está dirixido a todas as persoas maiores de idade, teñan ou non experiencia, porque ti elixes que lugar queres ocupar na escena.
FICHA:
INTERPRETACIÓN ACTORAL E DE TEXTOS Coordina Carlos Colmenero, director de Molembir Teatro Día e horario: luns de 19h a 21h Comezo un día á semana, Opción de engadir ou cambiar día, segundo os grupos que se formen. Prazas limitadas por grupo De outubro a xuño (incluído) Cuota: 60 eur / mes Lugar: Ese Sitio, r/ Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña. Cuando sexa preciso, ensaios en escenario.
Como me apunto? Correo electrónico ou whatsapp: info@esesitio.com · 687 139 139 E si prefires, achégate o LUNS 29 DE SETEMBRO ás 20h SESIÓN GRATUITA (inscrición previa imprescindible) Se non podes ese día, escríbenos
Elaborados con cera de soia vexetal, productos naturais e materiais reciclables.
Neste taller, aprenderás paso a paso a crear as túas propias velas e ambientadores de cera de soia vexetal. A elaboración é totalmente artesanal, usando productos naturais e materiais reciclables.
A duración é de 2h, nelas ensinarémosche o proceso completo, dende a elección da cera, o correcto uso dos aromas e posteriores cuidados unha vez rematada a fabricación.
Ademáis, poderás decorar e darlles o toque persoal cos diferentes aromas e decoración botánica.
Ó final, levarás para a casa as túas propias creacións, listas para aromatizar e decorar o teu espazo..
Imparte: Recendo Estudio 2 sesións:ás 12:30h e ás 17h Participación 55 euros (inclúe todos os materiales) Inscricións: recendo.info@gmail.com · Tel. 687393178 Lugar: Ese Sitio, r/ Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña
Queres subir ao escenario, perder o medo, xogar coa túa personaxe e vivir unha historia en directo?
Ese Sitio convídate á reunión informativa onde presentaremos:
As clases de interpretación para todas as idades (> 18 anos) e niveis.
A montaxe teatral colectiva que prepararemos ao longo do curso.
Será un encontro para coñecernos, contarche como traballaremos e responder todas as túas preguntas. Non fai falta experiencia previa, só gañas de experimentar!
Entrada libre, imprescindible reservar e prazas limitadas.
Reserva a túa praza para non quedar fóra → Escrebe a info@esesitio.com ou whatsapp 687139139
O próximo xoves 25 de abril de 11h a 12h30 en Ese Sitio terá lugar o primeiro evento que 50 pés Consultoras realiza en colaboración con Escuela Juana Millán, da que son colaboradoras, e gostaríamos moito de que poideras asistir.
Teremos como anfitriona a Mónica de Ese Sitio, un espazo multi-colaborativo e artísitico na rúa Orzán, 194 da Coruña.
O obxectivo deste evento é a presentación da Escuela de Emprendedoras Juana Millán, unha plataforma de formación online de ámbito estatal, que ofrece acceso a formación especializada en xestión empresarial para mulleres emprendedoras en calquer fase do proceso emprendedor.
Tamén teremos ocasión de coñecernos e tecer redes con dinámicas participativas, café e infusións e petiscos.
Para asistir só che pedimos que cubras este sinxelo formulario
Esperamos con ilusión poder contar con vós!
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información