Ler antes de ler, ese exercicio no que todo se xesta. Eses anos de primeiros contactos cos libros nos que o amor pola literatura e as habilidades lectoras ciméntanse.
Desde a asociación Al otro lado desenvolvemos talleres literarios nos que compartiremos diferentes títulos de literatura infantil en voz alta.
En cada sesión realizaremos algunha actividade creativa centrada en diferentes aspectos presentes nos libros que lemos.
Traballaremos cada mes desde a creatividade e o diálogo, reforzando lúdicamente os primeiros achegamentos literarios da infancia.
Queremos construír espazos de aprendizaxe literarios e creativos.
Coordina Sonia Hermida
Colabora Al otro lado. Asociación de Familias lectoras
Primer xoves do mes
De 18.30h a 19.30h
Cuota 60€ trimestre
Inscricións: info@esesitio.com | 687 139 139
Sonia Hermida
Xornalista especializada no ámbito da educación con máis de 20 anos de experiencia.
Máster en Literatura Infantil e Xuvenil pola Universidade de Zaragoza. Nai de dous fillos diversos.
Levo máis de12 anos formándome no campo
da educación e a literatura infantil. Por mencionar algúns exemplos: Literatura Infantil e Diversidade. Encontros na Fronteira; Cursos sobre Estimulación, Comunicación e Xogo no Autismo; Xornadas AGAT sobre ou xogo como estimulación; Curso Lectura e Primeira Infancia; Curso Atrápame se podes (lecturas 0-6 anos); Curso lIJ O espertar da forza; Curso poesía e primeira infancia Coma se fose unha cereixa, FLAI
2022 …