De que se trata? Será un curso alegre onde desenvolver a reflexión da mirada, e dar renda solta ao pensamento creativo.
A expresión é unha función espontánea, neste curso os mozos aprenderán a expresarse dunha forma artística e a través da súa fotografía revelar o seu mundo interno.
Será unha forma de explorar con eles e elas a creatividade dentro dun contexto de liberdade xa que a súa expresión brillará sempre que haxa unha
historia que contar desde a liberdade.
Que imos facer? Unha parte teórica e unha parte práctica en cada taller, algunha vez serán prácticas en exteriores, saídas pola cidade, trátase de fomentar a expresión artística a través da fantasía, motivar e xerar ideas.
A quen vai dirixido? Dirixido a un público novo que lle guste a experiencia da fotografía co obxectivo de educar a mirada para que sexa unha ferramenta de autodescubrimiento .
Luz-Composición-Beleza vs Expresión do Artista
PROGRAMA DO CURSO
❖ Historia da foto desde a cianotipia.
❖ Tipos de cámara e como se utilizan.
❖ A mirada.
❖ O enfoque.
❖ A composición.
❖ As cores.
❖ Os espazos.
❖ Tipos de fotografía.
❖ A inspiración.
❖ A creatividade.
❖ Edición con Lightroom.
Imparte: Carmen Martínez
Para mozos de 10 a 16 anos
Prezo: 160€/trimestre
Encontros o 3er sábado de cada mes de 11h a 14h de forma presencial. A través de internet para o seguimento das prácticas