Que sucede nese momento en que os nosos pequenos e pequenas empezan a ler sós? Os primeiros pasos polo mundo da lectura autónoma son únicos e neste club de lectura queremos dalos contigo para apoiar este emocionante momento de despegamento.
Compartiremos lecturas en voz alta, pero tamén charlaremos sobre o libro do mes.p>
Neste club de lectura alternativo potenciaremos a conversación literaria como mellor camiño para desenvolver o pensamento crítico.
Queremos apoiar aos pequenos e pequenas neste emocionante momento das súas vidas cunha selección literaria que axude a afianzar o seu itinerario lector.p>
Coordina Sonia Hermida
Segundo xoves do mes
De 18.30h a 19.30h
Cuota 60€ trimestre
Ese Sitio. r/ Orzán 194 bajo, 15003 A Coruña
Inscricións: info@esesitio.com | 687 139 139
Sonia Hermida
Xornalista especializada no ámbito da educación con máis de 20 anos de experiencia.
Máster en Literatura Infantil e Xuvenil pola Universidade de Zaragoza. Nai de dous fillos diversos.
Levo máis de12 anos formándome no campo
da educación e a literatura infantil. Por mencionar algúns exemplos: Literatura Infantil e Diversidade. Encontros na Fronteira; Cursos sobre Estimulación, Comunicación e Xogo no Autismo; Xornadas AGAT sobre ou xogo como estimulación; Curso Lectura e Primeira Infancia; Curso Atrápame se podes (lecturas 0-6 anos); Curso lIJ O espertar da forza; Curso poesía e primeira infancia Coma se fose unha cereixa, FLAI
2022 …