Publicado o

Ilustración con collage fotográfico con La Chapera | Sábado 24.09 pola tarde

Repasaremos a historia da colaxe e coñeceremos a lxs artistas contemporánexs máis inspiradorxs.
Veremos diferentes técnicas e como crear texturas e efectos antes de seguir desenvolvendo unha colaxe con outros elementos visuais principais.
Como ferramenta de deseño, a colaxe proporciona a liberdade de mover formas, combinar diferentes elementos e sobre todo xogar.

Non é necesario ter experiencia previa.
Poderás dar renda solta ao cúter e/o tesoira, esnaquizando fotografías sen compaixón e reuníndoas creando as túas propias montaxes . Experimentarás paso a paso e coas túas propias mans e farás unha ilustración creativa sen estar fronte á pantalla dun computador . Un taller para gozar ao grande que che achegará un novo enfoque á hora de crear. Traballaremos tamén en pequeno formato creando chapas connlas imaxes resultantes.
Todos os materiais están incluídos no prezo.
Ao finalizar o taller crearías obra única e moi persoal lista para enmarcar ou poñer na túa lapela.

Sábado 24 de setembro de 17h a 20h
Imparte La Chapera
Cuota 30 eur

INscricións:
info@esesitio.com | Tel. 687 139 139

Ese Sitio
r/ Orzán 194 bajo. 15003 A Coruña

Comparte y difunde en tus redes: