Publicado o

Escola literaria para nais e pais

Cun formato similar ao dos clubs de lectura, pero cun marcado carácter didáctico.
Nesta escola literaria realizaremos un acompañamento para apoiar o fundamental labor da familia no proceso de fomento lector desde o berce.
Revisaremos mensualmente algunhas novidades interesantes do catálogo de infantil e abordaremos os clásicos imprescindibles en calquera biblioteca familiar.
Imos gozar con estas sesións mensuais dun bo intre de literatura compartida aprendendo as claves para seleccionar os libros máis adecuados en cada momento da evolución dos pequenos e pequenas.
Esta escola tamén é para ti se traballas no ámbito educativo e interésache a literatura infantil.

Coordina Sonia Hermida
Cuarto xoves do mes
De 18.30h a 20h
Cuota
60€ trimestre
Ese Sitio. r/ Orzán 194 bajo, 15003 A Coruña
Inscricións: info@esesitio.com | 687 139 139

Sonia Hermida

Xornalista especializada no ámbito da educación con máis de 20 anos de experiencia.
Máster en Literatura Infantil e Xuvenil pola Universidade de Zaragoza. Nai de dous fillos diversos.
Levo máis de12 anos formándome no campo
da educación e a literatura infantil. Por mencionar algúns exemplos: Literatura Infantil e Diversidade. Encontros na Fronteira; Cursos sobre Estimulación, Comunicación e Xogo no Autismo; Xornadas AGAT sobre ou xogo como estimulación; Curso Lectura e Primeira Infancia; Curso Atrápame se podes (lecturas 0-6 anos); Curso lIJ O espertar da forza; Curso poesía e
primeira infancia Coma se fose unha cereixa, FLAI
2022 …

Comparte y difunde en tus redes: