Este sábado, as mans énchense de cor en Ese Sitio. Convidámosvos a participar nun obradoiro moi especial de mans da ilustradora Irene Sanjuán, pensado para desconectar, aprender e gozar do proceso creativo nunha contorna única.
Neste “Encontro coa Acuarela”, non importa se nunca colliches un pincel ou se xa tes experiencia; o obxectivo é explorar a técnica dun xeito libre e relaxado. Aproveitando que se achegan datas especiais, traballaremos na creación dunha peza personalizada: poderás ilustrar un obxecto único ou deseñar unha tarxeta artesanal para mamá.
Para que a tarde sexa redonda, acompañaremos a sesión cun picoteo doce, ideal para compartir ideas e inspiración entre pinceladas.
Detalles do taller:
- Data: Sábado, 18 de abril.
- Horario: De 17:30h a 20:30h.
- Lugar: Ese Sitio (r/ Orzán 194, baixo, A Coruña).
- Prezo: 50€ (con todos os materiais incluídos e merenda doce). Non é preciso experiencia
- Inscricións: É imprescindible reservar praza chamando ou enviando un WhatsApp ao 687 139 139.












