Publicado o

Obradoiro de cerámica | Sábado 03.09

Dúas sesións de cerámica, unha pola mañá e outra pola tarde. Diríxeas Susana Anta.

Durante 1h e media dedicarase ao modelado e media hora a pintar as pezas.

Durante o proceso, explicarase como realizar correctamente os cosidos, como amasar o barro para evitar as temidas burbullas e que despois non estale a peza na cocción e como evitar que se grete a nosa peza durante o proceso de secado. Ou como colocar correctamente as asas, como ensamblar con seguridade as distintas partes e como decorar con engobes.

Cada participante dará renda solta á súa creatividade para levar a cabo a forma que desexe e a decoración que queira facer.
Nas dúas sesións e pezas aplicarase a técnica de placas.

Data: sábado 3 de setembro

Quenda de 11h a 13h

Elaboración dunha cunca

Quenda de 17h a 19h

Elaboración dun set de sushi

Imparte Susana Anta

47 eur

Materiais e cocción incluído

Inscrición:
info@esesitio.com

Tel. 687 139 139

Comparte y difunde en tus redes: