Publicado o

Laboratorio téxtil | Clases regulares de Calceta e ganchillo

CALCETA E GANCHILLO
Apetéceche empezar a crear as túas propias pezas e complementos con técnicas de tecido
artesanal?
Nas clases semanais de calceta e ganchillo aprenderás todo o necesario: como escoller
materiais, tomar medidas, adaptar patróns… e ademais compartirás unha tarde de risas e
charlas coas/os compañeiras/os.
Tanto se empezas desde cero coma se queres profundar, neste espazo atoparás as
ferramentas necesarias para confeccionar pezas para adulto, neno, bebé, complementos de moda,
para o fogar, amigurumis, etc.
Traballamos a partir de proxectos prácticos adaptados ao nivel de cada participante, para crear ao teu ritmo e sen abafos.
Podes especializarche nunha soa técnica ou combinar as dúas – Non necesitas ningún
coñecemento previo.

HORARIO
Grupo 1 – Martes de 18 a 20h
Grupo 2 – Martes de 20 a 22h

PREZO
Abono mensual – 45 €
Clase solta – 12 €
Sempre terá preferencia o abono mensual sobre a clase solta.

INSCRICIÓNS
info@esesitio.com
Tlf 687 139 139
Ese Sitio | C / Orzán, 194 – Baixo (15003 A Coruña)

IMPARTE
Vero Novoa é creadora téxtil con máis de dez anos de experiencia. Especializada en tecido e
bordado creativo, desde 2012 imparte formacións enfocadas nun profundo coñecemento da
técnica e os materiais, a exploración creativa a través do téxtil e a promoción de todos os
beneficios que proporciona o traballo manual.
Podes ver máis sobre o seu traballo en instagram @veronovoa__

Comparte y difunde en tus redes: