Publicado o

Estudios Abertos 2026 en Ese Sitio

Portas abertas, Feirarrúa e un obradoiro de memoria ilustrada con Molu Ares

Os vindeiros sábado e domingo (6 e 7 de xuño), Ese Sitio participa nunha nova edición de Estudios Abertos, unha iniciativa que invita a descubrir os espazos de creación da cidade, coñecer os seus procesos e achegarse ás persoas que están detrás dos proxectos.

Durante toda a fin de semana poderedes visitar o noso estudo e coñecer de preto o traballo que realizamos arredor do deseño, a ilustración, a edición e os proxectos culturais que habitan este espazo.

Descarga o plano de todos os estudios que podes visitar na Coruña

Un sábado especial: Estudos Abertos e Feirarrúa

Ademais, o sábado coincide cunha nova edición de Feirarrúa, o mercado creativo do Soho Orzán. Unha ocasión perfecta para percorrer o barrio, descubrir proxectos locais e achegarse aos distintos espazos participantes.

Arte, ilustración, artesanía, libros, deseño e moitas ganas de compartir rúa e creatividade.

Artista convidada: Molu Ares

Nesta edición teremos a sorte de contar coa presenza da ilustradora Molu Ares como artista convidada.

O seu traballo explora a memoria, os espazos habitados e as pequenas historias que constrúen a identidade dos lugares. Durante a fin de semana poderedes coñecer mellor a súa obra e conversar con ela sobre os seus procesos creativos.

Obradoiro gratuíto

“Postais dunha Coruña desaparecida”

Obradoiro de memoria ilustrada colectiva

📅 Sábado
🕓 16:00 h
🎟️ Actividade gratuíta

Hai cidades que desaparecen pouco a pouco.

Un comercio que pechou, un cine que xa non existe, unha cafetería onde sempre había alguén coñecido, un cartel luminoso que formaba parte da paisaxe ou unha praza que mudou tanto que case non a recoñecemos.

Neste obradoiro propoñemos recuperar esas memorias e transformalas en pequenas pezas visuais.

As persoas participantes poderán compartir recordos dunha Coruña que xa non está ou que mudou co paso do tempo e, a partir deles, crearán unha postal ilustrada mediante técnicas de collage.

Algunhas das propostas poderán inspirarse en:

  • Un comercio que botas de menos
  • Unha rúa que xa non é igual
  • Un lugar da infancia
  • Algo típico que desapareceu
  • Unha escena cotiá doutra Coruña

Traballaremos con cartolinas, mapas antigos, recortes, tipografías históricas e reproducións de prensa local para construír postais que parezan chegadas doutra época.

A clave do obradoiro é sinxela: imaxinar unha postal enviada desde unha Coruña que xa non existe, pero que segue viva na memoria das persoas que a habitaron.

Publicado o

Encontro coa Acuarela en Ese Sitio: Crea a túa obra con Irene Sanjuán

Este sábado, as mans énchense de cor en Ese Sitio. Convidámosvos a participar nun obradoiro moi especial de mans da ilustradora Irene Sanjuán, pensado para desconectar, aprender e gozar do proceso creativo nunha contorna única.

Neste “Encontro coa Acuarela”, non importa se nunca colliches un pincel ou se xa tes experiencia; o obxectivo é explorar a técnica dun xeito libre e relaxado. Aproveitando que se achegan datas especiais, traballaremos na creación dunha peza personalizada: poderás ilustrar un obxecto único ou deseñar unha tarxeta artesanal para mamá.

Para que a tarde sexa redonda, acompañaremos a sesión cun picoteo doce, ideal para compartir ideas e inspiración entre pinceladas.

Detalles do taller:

  • Data: Sábado, 18 de abril.
  • Horario: De 17:30h a 20:30h.
  • Lugar: Ese Sitio (r/ Orzán 194, baixo, A Coruña).
  • Prezo: 50€ (con todos os materiais incluídos e merenda doce). Non é preciso experiencia
  • Inscricións: É imprescindible reservar praza chamando ou enviando un WhatsApp ao 687 139 139.
Publicado o

EVENTO: PRIMAVEIRA PERRUNA 21.03

 EVENTO 🐾

O planazo que o teu can estaba agardando xa está aquí! En Ese Sitio celebramos a chegada do bo tempo cunha xornada dedicada ao deseño, á ilustración e, por suposto, aos nosos peludos.

Ven gozar dunha tarde chea de arte e comunidade perruna con colaboradoras incribles:

📸 SESIONES PERRUNAS (@sesionesperrunas): Consegue o retrato definitivo do teu mellor amigo! Por só 5€, lévaste unha micro-sesión profesional do teu can no noso recuncho decorado.
🎁 E hai premio! Só por participar na micro-sesión, entrarás directamente no SORTEO dunha sesión fotográfica completa. Unha oportunidade única!

🌿 THE WOOFIS CLUB (@thewoofisclub): Ven tocar e probar os accesorios sostibles con máis estilo. Correas e colares de deseño consciente que demostran que se pode ser eco-friendly e ter o can máis “cool” do parque.

📚 ESQUINA DO ILUSTRADOR: Seleccionamos as xoias ilustradas sobre cans máis bonitas do mercado. Perfectas para regalar ou para a túa colección persoal, onde a ilustración é a verdadeira protagonista.

Vén co teu can (coas súas mellores galas!), coñece a outros amantes dos animais e lévate un recordo inesquecible.

📍 Onde? Ese Sitio. Rúa Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña
🗓️ Cando? Sábado 21 de marzo
⏰ Horario: dende as 17:30h ata as 20:30h

Non te quedes sen a túa foto! As prazas das micro-sesións son por orde de chegada. Se prefires reservar hora, escribe un whatsapp ao teléfono 687 139 139.

Agardámoste co rabo a abanar de alegría! 🐾

Publicado o

Teatro Mínimo | O proprietário | 31.01

Retomamos Teatro Mínimo, un proxecto que nos engancha: teatro de proximidade nun espazo, non se precisa nada máis ou, mellor dito, non se sabe que pode ocorrer. Mirando no histórico comezamos con este proxecto en 2017 en No Importa. Tivo continuidade en Ese Sitio, e ¡pam! a pandemia parouno. Así que hoxe fainos especial ilusión, e tamén porque comeza cunha peza traballada en Molembir Teatro. O noso grupo residente favorito 🙂

Nesta ollada cara atrás tamén lembramos, como non, ao mestre Manuel Lourenzo, quen participou e apoiou sempre esta actividade.

O proprietário orixinariamente é unha peza para monicreques escrita polo escritor arxentino Roberto Espina. Inés González e Daniel Mezquita son os actores que, baixo a dirección de Carlos Colmenero, interpretan o sentido ou o sen sentido da posesión.

Ficha técnica da obra:

O proprietário
Intérpretes: Inés González e Daniel Mezquita
Texto: Roberto Espina
Tradución: Segreis, música e poesía
Dirección: Carlos Colmenero
Funcións: 31 de xaneiro de 2026
Pases: 19h / 20h
Duración: 15′ aprox.
Entrada: 3,50 euros
Lugar: ESE SITIO r/ Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña

Aforo limitado
Reserva de praza anticipada: info@esesitio.com | 687 139 139

Publicado o

Feirarrúa Gastro&Arte · III Aniversario · II Concurso de Petiscos · Mercado de arte

O sábado 8 de novembro, o Soho Orzán enchése de sabor, cor e creatividade coa nova edición de Feirarrúa Gastro&Arte.
Este ano celebramos o III aniversario cunha edición moi especial que combina gastronomía, arte e actividades para toda a familia.


🥂 II Concurso de Petiscos

Todos os petiscos teñen un precio único de 3,50 euros cada un. Descubre os sabores máis auténticos da cidade con dúas rutas de degustación:

🍴 Ruta Salgada

📍 Praza Cormelana
🕓 Horario: de 12:00h a 16:30h
Participan:
Yebra · A Capela · La Lengua de la Suegra · A Espiga · Pablo Gallego · Toloache · A Chousa de Abaixo · Miña Nai · Ártabro Brioche · A Empanadería

🍰 Ruta Doce

📍 Dende Praliné (rúa Orzán 150) ata a Praza de Vista
🕓 Horario: de 12:00h a 20:00h
Participan:
Petiscos Doces · Dulces Sueños · Pan e Canela · Pistachio Pastel · O Pettit · Praliné


🏆 Premios do Xurado

  • Mellor Petisco Salgado
  • Mellor Petisco Doce

👩‍⚖️ Xurado 2025:
Diana Sobral Cabanas (Concello da Coruña) · Borja López Cotelo (Asoc. Soho Orzán) · Pablo Gago (gañador da I edición) · Antía Yuste (CIFP Paseo das Pontes) · Carlota Fariña (xornalista e creadora gastro)


🎨 Mercado de Arte

Durante todo o día poderás gozar dun espazo de exposición e mercado de arte local, de 12h a 20h.

Participan:
Dime Plaga · Gisela Galván · Moai Diseño · Begoña Pastoriza · Cris Alborja · Antón López Bazarra · Mhaseba · Xulia Weinberg · Alberto Franco · Estefanía y Miriam Domínguez Cagigao · Cándida Malicia


👧 Área Infantil

📍 Dende Praliné (rúa Orzán 150) ata a Praza de Vista
🕓 Horario: horario de mañá e tarde
De 12.30h a 14h e de 17h a 19:30h
Durante a mañá (ata as 14h) e pola tarde (a partir das 17h) haberá actividades de animación infantil, xogos e talleres para os máis pequenos.


📅 Información xeral

📍 Soho Orzán: Zona peonil do Orzán, Praza Cormelana e Praza José Sellier
🕓 De 12h a 21h
👥 Organiza: Asociación Soho Orzán
🤝 Colaboran: Concello da Coruña e Revista Pincha

📧 Contacto e máis info:
soho.orzan.asociacion@gmail.com


Feirarrúa Gastro&Arte: gastronomía, arte e vida na rúa.
Un plan perfecto para gozar do barrio do Orzán dun xeito diferente 💫

Publicado o

Interpretación actoral e de textos. Todos os níveis. Sesión de balde

Retomamos unha das actividades máis recomendabeis do noso espazo co grupo residente Molembir Teatro. Por que nos gusta tanto? Porque a interpretación aplicámo-la a calquera faceta da nosa vida: recoñecémonos, adestramos o noso corpo, analisamos textos, desenvolvemos empatía, modulamos a mensaxe que queremos transmitir, e por que non, aprendemos a manexar emocións e a relacionarnos en grupo.

Os encontros serán un día á semana. Empezaremos os luns ás 19h, coa opción de adaptarse aos grupos que se formen. Que quere dicir? Explícase por como está estruturado o guión das sesións:

-En outubro comezamos coa dinámica de adestrar e recoñecer os elementos que interveñen nunha escena. Faranse actividades divertidas ou mesmo disparatadas propias dos talleres de teatro.

-A segunda parte enfocarase en como se prepara unha personaxe. Nesta etapa crearanse escenas ou se utilizarán textos de exemplo, de forma grupal e amena.

-A partir desta segunda fase é cando decidimos cara a onde quere ir cada un. É dicir, preparación de obra coral ou traballos individuais. En función desta evolución volveremos revisar días para ensaios ou preparación.

Está dirixido a todas as persoas maiores de idade, teñan ou non experiencia, porque ti elixes que lugar queres ocupar na escena.

FICHA:

INTERPRETACIÓN ACTORAL E DE TEXTOS
Coordina Carlos Colmenero, director de Molembir Teatro
Día e horario: luns de 19h a 21h
Comezo un día á semana, Opción de engadir ou cambiar día, segundo os grupos que se formen. Prazas limitadas por grupo
De outubro a xuño (incluído)
Cuota: 60 eur / mes
Lugar: Ese Sitio, r/ Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña. Cuando sexa preciso, ensaios en escenario.

Como me apunto?
Correo electrónico ou whatsapp:
info@esesitio.com · 687 139 139
E si prefires, achégate o LUNS 29 DE SETEMBRO ás 20h SESIÓN GRATUITA (inscrición previa imprescindible) Se non podes ese día, escríbenos

Publicado o

Talleres velas aromáticas & ambientadores artesanais

Elaborados con cera de soia vexetal, productos naturais e materiais reciclables.

Neste taller, aprenderás paso a paso a crear as túas propias velas e ambientadores de cera de soia vexetal. A elaboración é totalmente artesanal, usando productos naturais e materiais reciclables.

A duración é de 2h, nelas ensinarémosche o proceso completo, dende a elección da cera, o correcto uso dos aromas e posteriores cuidados unha vez rematada a fabricación.

Ademáis, poderás decorar e darlles o toque persoal cos diferentes aromas e decoración botánica.

Ó final, levarás para a casa as túas propias creacións, listas para aromatizar e decorar o teu espazo..

Imparte: Recendo Estudio
2 sesións:ás 12:30h e ás 17h
Participación 55 euros (inclúe todos os materiales)
Inscricións: recendo.info@gmail.com · Tel. 687393178
Lugar: Ese Sitio, r/ Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña

Publicado o

Reunión informativa para clases de interpretación e obra teatral

🌟 Tes curiosidade pola interpretación?

Queres subir ao escenario, perder o medo, xogar coa túa personaxe e vivir unha historia en directo?

Ese Sitio convídate á reunión informativa onde presentaremos:

🎬 As clases de interpretación para todas as idades (> 18 anos) e niveis.

🎭 A montaxe teatral colectiva que prepararemos ao longo do curso.

Será un encontro para coñecernos, contarche como traballaremos e responder todas as túas preguntas. Non fai falta experiencia previa, só gañas de experimentar!

💬 Entrada libre, imprescindible reservar e prazas limitadas.

Reserva a túa praza para non quedar fóra → Escrebe a info@esesitio.com ou whatsapp 687139139

📅 Día: luns 15 de setembro

🕔 Hora: ás 20h

📍 Lugar: Ese Sitio – rúa Orzán 194, A Coruña

Dirixe Carlos Colmenero

Publicado o

Tecendo Redes Emprendedoras: Café-networking e presentación da Escola de Emprendedoras Juana Millán | Xoves 25 de abril

O próximo xoves 25 de abril de 11h a 12h30 en Ese Sitio terá lugar o primeiro evento que 50 pés Consultoras realiza en colaboración con Escuela Juana Millán, da que son colaboradoras, e gostaríamos moito de que poideras asistir.

Teremos como anfitriona a Mónica de Ese Sitio, un espazo multi-colaborativo e artísitico na rúa Orzán, 194 da Coruña.

O obxectivo deste evento é a presentación da Escuela de Emprendedoras Juana Millán, unha plataforma de formación online de ámbito estatal, que ofrece acceso a formación especializada en xestión empresarial para mulleres emprendedoras en calquer fase do proceso emprendedor.

Tamén teremos ocasión de coñecernos e tecer redes con dinámicas participativas, café e infusións e petiscos.

Para asistir só che pedimos que cubras este sinxelo formulario

Esperamos con ilusión poder contar con vós!

Publicado o

Taller Collage Pop + Playlist con Antón | Sábado 20.04

Un sábado Pop para aprender a facer colaxe e escoitar Playlist Pop con Antón.

Serán 3 horas de papel, tesoira e pegamento para crear boas colaxes. Podedes traer algún libro que vos interese ou material (tesoiras se queredes tamén).

Mentres tanto, escoitaremos música seleccionada por Antón: Pop, Syntpop, ambient, oldies (50’s 60`s) e tomaremos un viño.

Será en Ese Sitio r/ Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña
Horario: de 18h a 21h
Cuota: 50 euros

Inscricións: info@esesitio.com | whatsapp 687 139 139