Publicado o

En Feminino | Obradoiro + Networking | 24.02

Anunciamos con moita alegría que retomamos as reunións En Feminino que organizamos en Ese Sitio coa Fundación Mujeres. Son sesións de obradoiro e networking de emprendedoras.

O obradoiro terá lugar o xoves 24 de febreiro na Coruña onde, ademais de realizar unha primeira incursión nas habilidades comerciais, aproveitaremos para realizar un networking entre todas as asistentes ao taller.

Os contidos do obradoiro están enfocados a traballar as habilidades comerciais e empoderar ás mulleres no ámbito comerciais cun profesionalizado e estruturado.

O obradoiro é presencial e apóiase en titorías individualizadas co obxectivo de traballar as habilidades comerciais e as competencias para xerar máis recursos e dunha maneira máis eficiente na empresas das participantes.

Data: 24/02/2022
Hora: 10:00-14:00h
Lugar: ESE SITIO. rúa Orzán, 194 baixo-15003 A Coruña

Inscricións na seguinte ligazón:

https://docs.google.com/forms/d/1yxiXb7d-PfmwtgvJYowxyjflw7UC5Z-X8I52rR_9Iqk/edit

Comparte y difunde en tus redes: