Repasaremos a historia da colaxe e coñeceremos a lxs artistas contemporánexs máis inspiradorxs. Veremos diferentes técnicas e como crear texturas e efectos antes de seguir desenvolvendo unha colaxe con outros elementos visuais principais. Como ferramenta de deseño, a colaxe proporciona a liberdade de mover formas, combinar diferentes elementos e sobre todo xogar.
Non é necesario ter experiencia previa. Poderás dar renda solta ao cúter e/o tesoira, esnaquizando fotografías sen compaixón e reuníndoas creando as túas propias montaxes . Experimentarás paso a paso e coas túas propias mans e farás unha ilustración creativa sen estar fronte á pantalla dun computador . Un taller para gozar ao grande que che achegará un novo enfoque á hora de crear. Traballaremos tamén en pequeno formato creando chapas connlas imaxes resultantes. Todos os materiais están incluídos no prezo. Ao finalizar o taller crearías obra única e moi persoal lista para enmarcar ou poñer na túa lapela.
Sábado 24 de setembro de 17h a 20h Imparte La Chapera Cuota 30 eur
Dúas sesións de cerámica, unha pola mañá e outra pola tarde. Diríxeas Susana Anta.
Durante 1h e media dedicarase ao modelado e media hora a pintar as pezas.
Durante o proceso, explicarase como realizar correctamente os cosidos, como amasar o barro para evitar as temidas burbullas e que despois non estale a peza na cocción e como evitar que se grete a nosa peza durante o proceso de secado. Ou como colocar correctamente as asas, como ensamblar con seguridade as distintas partes e como decorar con engobes.
Cada participante dará renda solta á súa creatividade para levar a cabo a forma que desexe e a decoración que queira facer. Nas dúas sesións e pezas aplicarase a técnica de placas.
CICLO KARIATID: A MULLER CREADORA NA HISTORIA DA ARTE*
Unha cariátide é unha columna con figura de muller, a cal, axudada por outras, sostén coa súa cabeza o entablamento (a parte superior) do templo. Elas sosteñen as máis pesadas cargas
Bienvenid@s a tod@s!
📌O sábado 6 de agosto* , de 20h a 22h* impartiremos a charla ’Kariatid: A muller creadora na Historia da arte’ 📍no estudo creativo ’ESE SITIO’ (c/ Orzán 194 Baixo, 15003, A Coruña)
Será un encontro informal, idóneo para unha tarde de verán, no que á parte de pasalo o mellor posible (cunha consumición e aperitivos incluídos) aprenderemos e falaremos da (escasa) posición que tivo a muller creadora na Historia da arte. Por que foi isto así? Seguro que xorden moitas preguntas e reflexións, e, asegúroche, que en moitos momentos vas quedar coa boca aberta e moi asombrade@…
Falarei da miña experiencia como profesor e creador de cursos de Arte e o porqué todo iso levoume a estar aquí agora.
Trataremos de responder a varias cuestións:
🧐Este tema é unha moda ou é unha necesidade? 🧐Sabías que o mito do nacemento da Pintura é feminino e, en cambio, o mito do nacemento da Escultura é masculino? 🧐Falaremos das primeiras pintoras femininas ‘con nome’, para iso remontarémonos ao comezo de nosa era (século I d. C.). 🧐Por que moitas mulleres artistas non se atopan en de os libros de Historia da arte? Por que non se coñeceron os seus nomes? 🧐 Trataremos de desmontar prexuízos, visións nesgadas e incorrecciones na Historia da arte. 🧐 Por que en moitas ocasións as mulleres non tiveron acceso a estudos artísticos ao longo da historia? E á profesionalización? 🧐 Por que non se atopan presentes en moitas coleccións dos grandes museos? (veremos datos, os cales serán demoledores… Insisto, non veremos opinións, veremos datos).
Cousas que hoxe en día ven como cotiás e asumidas ata hai anos eran inasumibles (por exemplo, coa propia representación do corpo humano…).
O prezo da charla é de 12€* cunha consumición incluída por persoa e uns aperitivos, para pasalo aínda mellor.
Podes inscribirche poñéndoche en contacto connosco en:
Queres recuperar ou conseguir tangibilizar a túa idea para poder darlle un novo impulso ao teu negocio?
Convidámosche os talleres presenciais de MOODBOARDING que se celebrarán na Coruña divididos en dúas sesións: parte téorica e parte práctica.
Dirixido a: Empresarias e emprendedoras
Data: 21 e 27 de xullo. Horario: De 10h a 12h.
Lugar de celebración: Ese Sitio. Rúa Orzán,194.
Contidos:
Mellorar a tangibilización de ideas, fundamentalmente de servizos. Recuperar o focus na túa idea. Atopar inspiración compartindo experiencias con outras mulleres emprendedoras e empresarias.
Lettering: arte de debuxar letras, Ilustrar letras (dar luz ao texto) Caligrafía: arte de escribir letras bonitas
Aprende a facer letras con pincel dun xeito doado, con formas básicas para logo con frescura e expresividade crear o teu propio estilo.
Nos primeiros pasos farás caligrafía para logo cando teñas soltura no trazo dar renda suelta a creatividade para facer lettering.
Farei referencia a un alfabeto tipo itálica, trazos finos e gruesos e as letras lixeiramente inclinadas, como a cursiva.
Amosarei como hai que coller o pincel, como mover a man e como apoiar e levantar o pincel do papel, cosas sinxelas que normalmente nos comezos pasamos por alto. Tamén como utilizar rotuladores tipo pincel, plumillas, bolis, etc. e sacarlles o máximo partido!
Os materias que utilizaremos serán: +Rotulador-pincel con depósito de auga +Tinta caligráfica negra +Tintas acrílicas de cores +Modelos de letras +Papeis pautados para utilizar como refencia +Diferentes papeis para probar en diferentes superficies +Lapis e gomas
O gurpo será reducido A atención personalizada!
Aprende a facer letras con pincel dun xeito doado, con formas básicas para logo con frescura e expresividade crear o teu propio estilo.
Nos primeiros pasos farás caligrafía para logo cando teñas soltura no trazo dar renda suelta a creatividade para facer lettering.
Farei referencia a un alfabeto tipo itálica, trazos finos e gruesos e as letras lixeiramente inclinadas, como a cursiva.
Amosarei como hai que coller o pincel, como mover a man e como apoiar e levantar o pincel do papel, cosas sinxelas que normalmente nos comezos pasamos por alto. Tamén como utilizar rotuladores tipo pincel, plumillas, bolis, etc. e sacarlles o máximo partido!
Os materias que utilizaremos serán: +Rotulador-pincel con depósito de auga +Tinta caligráfica negra +Tintas acrílicas de cores +Modelos de letras +Papeis pautados para utilizar como refencia +Diferentes papeis para probar en diferentes superficies +Lapis e gomas
Neste espacio creativo terá lugar unha viaxe experimental cas diferentes técnicas do debuxo e a pintura. Exploraremos a linguaxe da imaxen, exercitando a mirada creativa no ordinario, nos obxectos que nos rodean, o día a día, buscando novas maneiras de velos. Asumiremos riscos, cometeremos erros e aprendemos deles. Buscaremos a esencia das formas, sintetizarémolas. Organizaremos formas e cores facendo diferentes combinacións e composicións. Descubriremos diferentes recursos e formas de expresión.
A atención será individualizada, serás acompañada durante o proceso creativo facilitándoche ferramentas. Fomentarase o diálogo, os participantes son parte activa.
Os materiais están incluídos, agás o lenzo (bastidor con tea). Traballarás con diferentes tipos de papeis e con técnicas secas: lapis, grafito, carboncillo, pasteis, lapis de cores, ceras, rotuladores; e técnicas húmidas: tintas, acuarelas, acrílicos e témperas.
Imparte Alba Farto Os luns de 17.30h a 19h Para todas as idades Inscricións: info@esesitio.com | Tel. 687 139 139 Lugar: Ese Sitio. r/ Orzán 194 baixo. 15003 A Coruña
Encontro semanal onde poderás desenvolver as túas habilidades creativas, aprender técnicas novas, descubrir materiais e empezar a crear as túas propias pezas con fío e agulla ~ Un espazo para partillar ideas, dúbidas e inquedanzas; para xogar, experimentar e gañar confianza no teu proceso gracias ao apoio do grupo.
Requisitos: Calquera persoa pode incorporarse a este obradorio, a formación adáptase a todos os niveis e non son precisos coñecementos previos.
Datas: xoves de 18 a 20h
Lugar: ESE SITIO (C/Orzán, 194 – A Coruña)
Inscripcións: info@esesitio.com | 687 139 139
Prezo: 45€ / mes
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos.
Más información