Publicado o

Exposición de ilustración de Ana Jarén

O vindeiro venres 24 de setembro a partir das 17.30 h inauguramos a exposición individual de Ana Jarén. A mostra reúne unha selección de ilustracións que capturan a esencia da cotidianeidad, de escenas no fogar ou entre amantes. Os seus protagonistas, maiormente mozas, figuran entre iconas da cultura popular doméstica, en escenarios caseiros, convivindo con produtos de consumo diario.

Datos
Desde o 24.09 ata o 12.11
(Do 6 ao 15 de outubro a galería-tenda Ese Sitio estará pechado)
Horario visita 17.30 h a 20.30 h (outros horarios, visita previa)
Máis info ou contacto 687 139 139
Ese Sitio. C/ Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña

Por motivo de restricións, o noso plan de inauguración será celebrala cun sorteo entre todos os visitantes da expo o día da inauguración. Entregaremos unha participación a cada visitante que así o soliciten. Se comparten a visita cunha foto nas súas redes, recibirán outra participación. Entre todos sortearase unha lámina A4 das expostas de Ana Jarén.

Ana Jarén (Sevilla, 1985) iniciou a súa carreira profesional no sector da comunicación de moda en Madrid. Este contexto avivou a súa faceta máis creativa, iniciando os seus primeiros traballos como ilustradora.

Na súa obra, Ana captura a beleza da vida, a xente e as escenas do día a día, parando con gusto nos pequenos detalles.

O mundo dos sentimentos e as emocións ocupa un lugar preferente no seu traballo, presentando aos personaxes en contextos evocadores que serán completados coa propia experiencia do espectador.

Ana traballa de forma principalmente manual, mesturando técnicas como os rotuladores, lapis ou acrílicos. O seu medio preferente é o papel, aínda que se poden atopar as súas obras tamén en murais e outros formatos.

Ana tivo a oportunidade de ilustrar para importantes medios nacionais e internacionais como Vogue, The Washington Post, Glamour, entre moitos outros. É autora do libro Amigas ( Lunwerg, 2020) e ilustrou numerosas portadas e libros. Entre os clientes que contaron con ela atópanse FNAC, Springfield, Bombai Sapphire, e moitos máis.

Comparte y difunde en tus redes: