Publicado o

Laboratorio Téxtil | AFTERWORK BORDADO | Clases regulares

AFTERWORK BORDADO

Tómate un descanso a metade de semana para conectar coa túa creatividade!
Todos os mércores reunímonos para bordar, charlar e compartir nun afterwork diferente: un
afterwork bordado.
Poderás traballar nos teus propios proxectos ou desenvolver as propostas presentadas en clase, tanto
se empezas desde cero coma se queres perfeccionar a túa técnica.
Bordado creativo, lettering, bordado sobre papel, fotobordado, bordado con contas,
personalización de pezas e complementos… as posibilidades son infinitas.
Traballamos con proxectos adaptados ao nivel de cada participante, para crear ao teu ritmo e sen
abafos – Non necesitas ningún coñecemento previo.

HORARIO
Mércores de 20 a 22h

PREZO
Abono mensual – 45 €
Clase solta – 12 €
Sempre terá preferencia o abono mensual sobre a clase solta.

INSCRICIÓNS
info@esesitio.com
Tlf 687 139 139
Ese Sitio | C / Orzán, 194 – Baixo (15003 A Coruña)

IMPARTE
Vero Novoa é creadora téxtil con máis de dez anos de experiencia. Especializada en tecido e
bordado creativo, desde 2012 imparte formacións enfocadas nun profundo coñecemento da
técnica e os materiais, a exploración creativa a través do téxtil e a promoción de todos os
beneficios que proporciona o traballo manual.
Podes ver máis sobre o seu traballo en instagram @veronovoa__

Comparte y difunde en tus redes: