Publicado o

THE SNIPER Photoshot | Xogo-concurso 16.07

THE SNIPER Photoshot

Gostarías de pasar un rato carallán a través da fotografía? Pois ven e sé rápid@ movéndote porque veñen tras de ti e levan cámara !

O venres 16 de xullo ás 20:30h faremos un percorrido polas rúas máis fedellas do centro da Coruña.

· Entregarémosche un mapa.
A túa  arma será a túa cámara ou o teu móbil.
· Terás 30-45 min para disparar aos teus obxectivos.
· Cantos máis obxectivos cumpridos máis puntos cara o teu título do mellor Sniper.

Ao cabo voltaremos a nosa base de operacións contaremos os cadáveres fotográficos e a triunfador@ revelará o segredo da súa técnica mentres disfrutamos dunha bebida espirituosa.

Guían a sesión Carmen Martínez e Pablo Mella

Cota participación: 10 euros

10 Prazas máximo, reserva a túa aquí—> tel: 687 139 139 email: info@esesitio.com

Comparte y difunde en tus redes: