Publicado o

AlterOcio | Ocio alternativo en Xullo

Adianto de todas actividades os venres e sábados durante o mes de Xullo

AlterOcio, ocio alternativo para xóvenes maiores de 30 anos

AlterOcio, xoga, descubre, aprende, socializa e toma algo

Publicaremos máis info de cada actividade, deixámosvos o cartaz e xa podedes ir planificando e reservando praza.

SÁBADO 3 DE XULLO ás 19.30 H: IMPROVISACIÓN TEATRAL
Non é necesario ter un talento especial nin formación previa. Só necesitas ganas de investigar en que consiste isto da improvisación. Tamén che pode servir para adquirir ferramentas útiles na vida diaria ou como método de autoconocimiento.
Mediante xogos e dinámicas teatrais desenvolveremos a nosa creatividade para crear historias en escena.
Guía a sesión Marta Mato.

SÁBADO 3 DE XULLO ás 22.30 H: DEBUXO NOCTURNO
Taller de debuxo na rúa, coas últimas luces.
Apto para non debuxantes.
Debuxarás as luces e os reflexos. Experimentarás o poder da liña branca sobre o fondo escuro (normalmente debuxamos escuro sobre claro, nesta ocasión farémolo á inversa). Despois engadirás notas de cor, con cores primarias dos lapis. Buscarás os máxmos contrastes.
Descobre a capacidade expresiva dos lapis de cor, cun desenvolvo sinxelo pero efectivo.Todo o material incluído: taboleiros, cinta adhesiva, pinzas, papeis, lapis de cor, creta branca, gomas.
Guía a sesión Alba Farto

VENRES 9 DE XULLO ás 20:30 h: ILUSTRA UNHA CANCIÓN
Taller de iniciación á colaxe tomando como inspiración unha canción
Sen necesidade de coñecementos previos e con ganas de pasalo ben.
Traerás unha canción elixida desde a casa (mellor sen letra), escoitaremos as cancións no taller, con papel e lapis a man para anotar ideas, logo escollerás de entre unha variedade de imaxes as que che axuden a ilustrar esa canción. Se a canción ten letra a ilustración que non sexa literal.
Pasarás a compoñer a imaxe, eu acompañareiche no proceso.Todo o material incluído: cartolinas, tesoiras, lapis, papeis, gomas, recortes de imaxes variadas.
Guía a sesión Alba Farto

SÁBADO 10 DE XULLO ás 19:30 H: CLOWN
Todas e todos temos un pallaso dentro de nós, que nos pode axudar a levar a vida desde un punto de vista máis positivo e optimista. Traballaremos sobre as técnicas para atopar o clown. Entender o seu universo e a visión que ten da vida faranos gozar e eliminar tensións.
Guía a sesión Marta Mato.

SÁBADO 10 DE XULLO ás 22 H: CABARESQUE
Usando técnicas de cabaret e de burlesque, crearemos un alter ego co que traballaremos aspectos como a sensualidade, a comicidade e a complicidade dun ser nós.
Nesta clase práctica todos partimos de cero, sendo unha experiencia na que traballaremos co noso corpo.
Todos os corpos son preciosos, así que partindo desta premisa e reforzando aspectos como a autoestima, a sensualidade e o benestar, xogaremos a adoptar outros roles que están escondidos no noso interior dunha maneira divertida e lúdica.
Para esta actividade é necesario traer roupa cómoda e uns zapatos de tacón alto dos que xa dispoñas.
Esta actividade é mixta, puidendo asistir Mulleres e Homes.
Guía a sesión Alberte Bello.

VENRES 16 DE XULLO ás 20:30 H: THE SNIPER Photoshot (xogo-concurso de fotografía)
Apetéceche pasar un intre divertido a través da fotografía? Pois ven e se rápid@ movéndote porque veñen detrás e levan cámara !
O venres 16 de xullo ás 20:30 h faremos un percorrido polas rúas máis gamberras do centro de Coruña.
Entregarémosche un mapa. A túa arma será a túa cámara ou o teu móbil. Cuantos máis obxectivos cumpridos, máis puntos.
Guían a sesión Pablo Mella e Carmen Martínez.
(Ampliaremos información de participación)

SÁBADO 17 DE XULLO ás 19:30 H: BORDA A túa BOLSA
Taller de iniciación ao bordado no que aprenderás os puntos básicos desta técnica e descubrirás como converter as túas propias figuras en puntadas e texturas. Traballaremos sobre unha bolsa de tea, un proxecto fácil e divertido que dará como resultado un complemento personalizado que non che cansarás de usar este verán.
Nivel iniciación – Non son necesarios coñecementos previos (só tes que traer a bolsa que queiras intervir, preferentemente de cor clara).
Guía a sesión Verónica Novoa

SÁBADO 17 DE XULLO ás 22 H: MAKEUP
Aprenderás a sacarlle máis partido ás túas maquillaxes partindo da morfoloxía do teu rostro.
Aprenderás a detectar a que partes do teu rostro podes resaltar, aprendendendo diversas técnicas e usando as túas propios materiais de maquillaxe.
Nesta clase práctica, usaremos os vosos materiais así que é necesario traer todo aquelo que usedes nas vosas rutinas de maquillaxe. Aínda que contaremos con materiais de apoio adicionais para experimentar con eles.
Esta actividade é mixta, puidendo asistir Mujeres e Homes.
Guía a sesión Alberte Belo.

VENRES 23 DE XULLO ás 20:30 H: LETTERING
Taller de iniciación ao lettering (debuxar letras) Apto para non debuxantes.
Comezarás coas formas básicas, as liñas rectas e curvas, para a man co pincel con depósito (tipo brush- pen) e tinta negra. Combinando estas formas farás todas as letras. Verás como unilas, o espazo que hai entre elas, o tamaño, o ritmo… e xa terás a base para debuxar as túas propias letras!
Xogarás con elas e as cores. Farás mesturas, combinacións e algunha decoración. Probando e experimentando sorprenderaste do que es capaz de facer!
Todo o material incluído: papel pautado, exemplos de lettering, papeis, lapis, gomas, pinceis con depósito, tintas, paletas.
Guía a sesión Alba Farto.

SÁBADO 24 DE XULLO ás 19:30 H: COLAXE BORDADA
Neste taller crearemos unha composición coa técnica da colaxe, pero en lugar de pegamento utilizaremos… puntos de bordado! Aprenderás a técnica básica de bordado sobre papel e contarei algúns truquiños importantes que deberás ter en conta á hora de compoñer as túas pezas.
Nivel iniciación – Non son necesarios coñecementos previos.
Guía a sesión Verónica Novoa

VENRES 30 DE XULLO ás 20:30 H: FOTOBORDADO
Aprende a intervir imaxes con bordado e crea pezas orixinais a partir dos teus recordos! Nesta sesión descubrirás cales son os elementos necesarios para bordar sobre fotografías e aprenderás a expor o teu proxecto en función da mensaxe que queiras transmitir.
Nivel iniciación – Non son necesarios coñecementos previos.
Guía a sesión Verónica Novoa

SÁBADO 31 DE XULLO ás 19:30 H: COMUNICATÚ
Comunicatú é un taller dedicado a mellorar a túa comunicación. Para asimilar os conceptos e investigar o noso propio modo de comunicarnos imos utilizar instrumentos derivados da interpretación teatral.
1) Confianza e empatía. Os conceptos que temos sobre nós mesmos e o resto do grupo establecen as liñas de comunicación. Revisando estas ideas podemos tratar posibles bloqueos e mellorar o trato coas persoas relacionadas co noso negocio. A función que ten o teatro, á hora de poñerse na pel doutro, axudaranos.
2) Linguaxe non verbal. A mensaxe que se lanza no proceso comunicativo non só está no que verbalizamos. É máis importante, mesmo, o que expresamos co noso corpo. Ter control corporal á hora de comunicarnos favorece o contacto co noso interlocutor e axuda a evitar malentendidos.
Guía a sesión Marta Mato.

SÁBADO 31 DE XULLO ás 22 H: APRENDE A SER UN DJ
Se sempre quixeches aprender a ser Dj, nesta clase aprenderás tips para poder achegarche un pouco máis e coñecer de primeira man os aspectos que compoñen unha sesión de picadiscos!
É unha clase teórico práctica de nivel iniciación coa que vas poder descubrir aspectos interesantes sobre a música, a mestura, e que outros elementos contribúen a hora de mesturar música. Non é necesario ter coñecementos previos, nin traer ningún elemento á aula. Cun caderno no que anotar e un bolígrafo, ou mesmo co teléfono móbil é suficiente. Ademais na parte práctica poderás experimentar cunha controladora de audio e cun software e tamén decatarche de que apps existen para poder comezar a mestura.
Guía a sesión Alberte Belo.

INFO Y RESERVASinfo@esesitio.com | Tel. 687 139 139 | c/ Orzán 194 bajo (de 17.30h a 20.30h de lunes a viernes)

Comparte y difunde en tus redes: