Publicado o

Laboratorio das artes | Novo grupo o luns pola tarde

Neste espacio creativo terá lugar unha viaxe experimental cas diferentes técnicas do debuxo e a pintura.
Exploraremos a linguaxe da imaxen, exercitando a mirada creativa no ordinario, nos obxectos que nos rodean, o día a día, buscando novas maneiras de velos. Asumiremos riscos, cometeremos erros e aprendemos deles.
Buscaremos a esencia das formas, sintetizarémolas. Organizaremos formas e cores facendo diferentes combinacións e composicións.
Descubriremos diferentes recursos e formas de expresión.

A atención será individualizada, serás acompañada durante o proceso creativo facilitándoche ferramentas.
Fomentarase o diálogo, os participantes son parte activa.

Os materiais están incluídos, agás o lenzo (bastidor con tea).
Traballarás con diferentes tipos de papeis e con técnicas secas: lapis, grafito, carboncillo, pasteis, lapis de cores, ceras, rotuladores; e técnicas húmidas: tintas, acuarelas, acrílicos e témperas.

Imparte Alba Farto
Os luns de 17.30h a 19h
Para todas as idades
Inscricións: info@esesitio.com | Tel. 687 139 139
Lugar: Ese Sitio. r/ Orzán 194 baixo. 15003 A Coruña

Comparte y difunde en tus redes: