Publicado o

Timba de relato e poesía | 25.01

Timba de relato e poesía
Despois do parón do Nadal, seguimos cos encontros cos vosos relatos e composicións poéticas.
A dinámica é ler as vosas composicións ou simplesmente vir a compartir con nós e escoitar aos participantes.
As sesións son flexíbeis, imos intercalando as voces, de xeito que cada participante le en cada turno unha composición. Non hai máximo de poemas/relatos, ainda que ao estar limitados polo tempo, aproximadamente serían 3 poemas ou relatos de 3 fólios máximo.


Para ler, se queredes podedes reservar antes no teléfono 687 139 139 (whatsapp) ou no correo se tendes algunha dúbida info@esesitio.com.
Sábado 25 de Xaneiro ás 20h
ESE SITIO r/ Orzán 194. 15003 A Coruña

Comparte y difunde en tus redes: