Publicado o

Timba de relato e poesía | 09.11.19

Reemprendemos os encontros que xa vimos realizando en No Importa dende hai máis de dous anos. A dinámica é ler as vosas composicións ou simplesmente vir a compartir con nós e escoitar aos participantes.

Nesta sesión estaremos acompañados de Anxo Carracedo. Anxo Carracedo é licenciado en Filosofía. Traballou de periodista en Diario 16 e de redactor e editor en diversos medios e axéncias de comunicación. Autor do libro de poesía La tarde libre (Ed. En Huida, 2018) e dous blogues Artefloralpararrumiantes (www.artefloralpararrumiantes.wordpress.com) e Microdespertares (www.microdespertares.wordpress.com). Como poeta forma parte da antoloxía Streets where to Walk is to Embark. Spanish Poets in London (1811-2018), editada por Eduardo Moga (Shearsman Books, 2019). Otros dos seus escritos, en prosa e en verso, en galego e en castelán, están publicados en medios coma Luzes, Adiante.gal, Laduda.net, Caja de Resistencia e Monolito.

Para ler, se queredes podedes reservar antes no teléfono 687 139 139 (whatsapp) ou no correo se tendes algunha dúbida info@esesitio.com

As sesións son flexíbeis, imos intercalando as voces, de xeito que cada participante le en cada turno unha composición. Non hai máximo de poemas/relatos, ainda que ao estar limitados polo tempo, aproximadamente serían 3 poemas ou relatos de 3 fólios máximo.

Sábado 9 de novembro ás 20h
ESE SITIO r/ Orzán 194. 15003 A Coruña

Comparte y difunde en tus redes: