Retomamos Teatro Mínimo, un proxecto que nos engancha: teatro de proximidade nun espazo, non se precisa nada máis ou, mellor dito, non se sabe que pode ocorrer. Mirando no histórico comezamos con este proxecto en 2017 en No Importa. Tivo continuidade en Ese Sitio, e ¡pam! a pandemia parouno. Así que hoxe fainos especial ilusión, e tamén porque comeza cunha peza traballada en Molembir Teatro. O noso grupo residente favorito 🙂
Nesta ollada cara atrás tamén lembramos, como non, ao mestre Manuel Lourenzo, quen participou e apoiou sempre esta actividade.
O proprietário orixinariamente é unha peza para monicreques escrita polo escritor arxentino Roberto Espina. Inés González e Daniel Mezquita son os actores que, baixo a dirección de Carlos Colmenero, interpretan o sentido ou o sen sentido da posesión.
Ficha técnica da obra:
O proprietário
Intérpretes: Inés González e Daniel Mezquita
Texto: Roberto Espina
Tradución: Segreis, música e poesía
Dirección: Carlos Colmenero
Funcións: 31 de xaneiro de 2026
Pases: 19h / 20h
Duración: 15′ aprox.
Entrada: 3,50 euros
Lugar: ESE SITIO r/ Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña
Aforo limitado
Reserva de praza anticipada: info@esesitio.com | 687 139 139

