Publicado o

Teatro en obras | Proxecto formativo Aula Lúdica Molembir Teatro

Teatro en obras é un proxecto que abarca o proceso de aprendizaxe dunha montaxe teatral. Está aberto á participación de persoas maiores de 18 anos sen requerimentos de experiencia teatral previa.
A proposta de Aula Lúdica de Molembir Teatro a realizará o seu director Carlos Colmenero. Co seu método de traballo, o obxectivo é crear unha montaxe teatral para a súa representación nun teatro da cidade. Asimesmo, a peza poderá incorporarse a Molembir Teatro.

REUNIÓN INFORMATIVA
Xoves 17 de setembro ás 20.30h (reserva prévia)

Ao tempo que se fai a montaxe, vanse tratar dous temas fundamentais: por un lado, o entrenamento actoral, e por outro, a análise do texto.
Deste xeito, as sesións poderán abarcar os seguintes temas:

O entrenamento actoral:
-O movemento e o teatro de máscara neutra
-Creación de personaxes
-Voz e dicción
-Interpretación actoral e os seus mecanismos

Análise do texto teatral:
-Análise do texto
-As escenas
-As personaxes e as súas relacións
-Accións e conflicto dramático
-O espazo e a composición
-Os ensaios
-A montaxe da obra

HORARIO E CUOTA

Xoves de 20:30h a 22:30h

Cuota: 60€/mes ou 150€/trimestre

INSCRICIÓNS

info@esesitio.com

Tel. 687 139 139

Ese Sitio. r/ Orzán 194 baixo: 15003 A Coruña
(perto da Pza. Pontevedra)

Comparte y difunde en tus redes: