Tes curiosidade pola interpretación?
Queres subir ao escenario, perder o medo, xogar coa túa personaxe e vivir unha historia en directo?
Ese Sitio convídate á reunión informativa onde presentaremos:
As clases de interpretación para todas as idades (> 18 anos) e niveis.
A montaxe teatral colectiva que prepararemos ao longo do curso.
Será un encontro para coñecernos, contarche como traballaremos e responder todas as túas preguntas. Non fai falta experiencia previa, só gañas de experimentar!
Entrada libre, imprescindible reservar e prazas limitadas.
Reserva a túa praza para non quedar fóra → Escrebe a info@esesitio.com ou whatsapp 687139139
Día: luns 15 de setembro
Hora: ás 20h
Lugar: Ese Sitio – rúa Orzán 194, A Coruña
Dirixe Carlos Colmenero

