Neste obradoiro vaise explicar a técnica Gyotaku e se ensinará a xerar un gravado monotipo usando o proprio peixe como matriz.
O Gyotaku é unha forma de estampación tradicional orixinária de Xapón, onde os pescadores a practicaban para realizar os carteis dos peixes que despois vendían nos mercados.
No obradoiro comezaremos coa preparación do peixe ata a elaboración dos gravados para o seu posterior remate utilizando diversos materiais.
Imparte Esteban Fuentes
Sábado 8 de Febreiro
De 10h a 14h
Duración 4 horas
Cuota: 40 euros (materiais incluidos)
Inscricións
Antes do 5 de Febreiro
info@esesitio.com
Tel. 687 139 139
Ese Sitio · r/ Orzán 194, A Coruña