TRANSFORMA A TÚA FORMA DE COMUNICARTE
Todos sentimos algunha vez que os nervios nos traizoan, que o corpo se tensa ou que a mente queda en branco no peor momento. COMUNICATÚ é un obradoiro práctico deseñado para persoas que queren comunicarse mellor no seu día a día. Utilizando técnicas de interpretación actoral aplicadas á vida real, venceremos os bloqueos comunicativos de forma divertida.
Levarás pautas para empezar a usar o teu corpo ao teu favor, trucos para no perder o fío baixo presión e a experiencia de haber conectado cos demais e contigo. É para todos os públicos e non precisas ningún tipo de experiencia previa.
COMO? Con ferramentas teatrais aplicadas á vida real. O traballo actoral non consiste en finxir ou camuflarse detrás dun personaxe, senón en adestrar a presenza, a escoita e a xestión das emocións baixo presión.
En COMUNICATÚ adaptamos estas técnicas escénicas para poñelas ao servizo do teu día a día. A través de dinámicas prácticas e o xogo teatral, creamos un espazo de aprendizaxe seguro, libre de xuízos e exames. Este enfoque lúdico e relacional permite rebaixar a autocrítica, axudando a disolver a timidez e os bloqueos corporais.
O teatro ofrécenos o espazo perfecto para experimentar coa nosa voz e movemento, gañando soltura e naturalidade. Todo iso, poderalo trasladar ás túas conversas cotiás, presentacións ou situacións profesionais.
QUE CHE LEVARÁS DE ESTE OBRADOIRO?
Presenza e soltura: Aprenderás a usar os teus xestos e postura para proxectar seguridade de forma natural.
Xestión da tensión: Saberás como respirar e canalizar os nervios cando te sintas observado.
Estrutura mental: Levarás trucos de memorización sinxelos para no perder o fío do que contas.
Freo ao xuízo interno: Conseguirás rebaixar a autocrítica para atreverte a dar a túa opinión.
Escoita real: Aprenderás a conectar co outro.
Pautas personalizadas: saberás cales son os teus puntos fortes á hora de expresarte.
ESTRUTURA DO OBRADOIRO
Bloque 1. Organicidade para o discurso
Á hora de comunicarnos e convencer non só expresamos coa nosa voz. Existen unha gran variedade de xestos e movementos que emiten mensaxes continuamente. Poñer o corpo a favor do discurso e incluílo como un elemento comunicativo é característico dun bo comunicador ou comunicadora. O traballo actoral, coas súas ferramentas, é ideal para desenvolver esta calidade.
Bloque 2. Mnemotecnia e persuasión
Aprender a memorizar resúltanos moi útil á hora de realizar unha presentación, un discurso ou unha venda. Dános seguridade saber que non se nos esquece ningún punto importante. Se, ademais, dominamos algunha técnica de persuasión para poder levar ao noso público ou cliente ao noso terreo, todo se fai máis sinxelo. As nosas posibilidades de éxito aumentan.
Bloque 3. Oratoria
Cada un dos participantes realizará unha exposición individual onde faremos correccións e potenciaremos os puntos fortes. O que se busca é desenvolver a capacidade de conectar cos outros a través da autenticidade.
ONDICIÓNS
DURACIÓN: 6 HORAS, repartidas en 3 sesións de 2 horas cada unha.
HORARIO: martes, mércores e xoves de 10,00 a 12,00 h
DATAS: 4, 5 e 6 de agosto.
PREZO: 85€
LUGAR: ESE SITIO. Rúa Orzán, 194. A Coruña.
DAMOS O PASO?
As prazas asígnanse por estrito orde de inscrición. Se queres empezar a gozar da túa comunicación este verán, reserva agora a túa praza. Escríbenos un correo: info@esesitio.com ou manda un WhatsApp a: 654 25 53 99 / 687 139 139. Se tes dúbidas, pregúntanos sen compromiso, estaremos encantadas de charlar contigo.
COMUNICATÚ – O teu corpo, a túa voz, a túa historia.
IMPARTE Marta Mato
Relacionada co mundo do teatro desde o ano 2009, investigadora e autodidacta no campo das habilidades sociais. Iniciei a miña formación actoral con Carlos Neira, na súa escola de Santiago de Compostela. Durante catro anos compaxinei os meus estudos de interpretación co meu traballo de administrativa. Ademais, engadín á miña formación clown e teatro xestual, con Manicómicos, na Coruña. Desde entón, realicei numerosos traballos de teatro de texto, café-teatro, teatro cómico, clown e pezas experimentais. Así como, acting, pasarrúas, animación, etc. En audiovisual, traballei en publicidade e tiven pequenas intervencións en series de televisión a nivel nacional. En constante evolución, sguínme formando con xente como Chema Gagino, Daniel Currás, José Luis Ferrer, Tito Asorey, Alejandro Carro ou Carlos Villarino. Durante este último tempo desenvolvín a miña actividade como formadora de actores, con clases regulares de interpretación actoral, clown e obradoiros específicos sobre métodos teatrais. Pola miña experiencia como formadora no ámbito teatral, observei que hai xente que se achega ás miñas clases só polo feito do que a interpretación lle pode achegar a nivel comunicativo. Vencer inhibicións, desenvolver habilidades sociais, empatía e autocoñecemento, son algúns dos beneficios que achegan as artes escénicas. Cos meus coñecementos desenvolvín cursos e obradoiros sobre habilidades sociais baseándome en utensilios e coñecementos actorais que son de gran utilidade para esta aprendizaxe.

