Este sábado imos celebrar o 8M e non pode ser doutro xeito que facervos partícipes dos traballos de mulleres no eido da creación.
O evento comprende tres ámbitos:
–Mercado de 12.30h a 20.30h . Poderedes atopar só creacións feita por mulleres. Comprende: libro por e sobre mulleres. Producto ilustrado en téxtil, cerámica, papelaría. … Artesanías diversas.
–Ilustracións das nosas creativas. Estarán expostas para a súa compra.
· Obradoiros ao longo do día. Temos un programa que publicamos seguidamente.
Entre outras creativas, estarán presentes Mamá Unicornio. La chica de la cinta. Cinza, La Chapera, Son Humanita, Xiralúa, Pilea, Brétemas…
Haberá ilustracións, entre outras, de Ana Jarén, Tutti Confetti, Lara Lars, Abi Castillo, Montse Gutiérrez, Paula Mayor, Eli Rus, Chus Rojo,…
Ademáis, contaremos no peche coa performance de Marta Mato, Iria Mourón e Alba Farto. Trátase dunha performance sobre o conto de Emilia Pardo Bazán «La Camarona».
Programa Obradoiros:
Inscricón gratuita no correo electrónico info@esesitio.com
-Ás 13h: Lettering con Alba Farto. Para maiores de 7 anos.
·Ás 17h: Crea a túa propia cámara con Carmen Martínez. Para maiores de 9 anos
·Ás 18.30h: Bordado creativo sobre papel con Vero Nóvoa
