Publicado o

Interpretación actoral e de textos · Curso 2026–2027

Todos os niveis · Persoas adultas

Estas sesións de interpretación actoral na Coruña son un espazo para explorar a escena, traballar co corpo e coa voz, achegarnos aos textos e descubrir diferentes maneiras de estar e comunicarnos en escena.

Non precisas experiencia previa. Podes achegarte ao teatro por primeira vez ou continuar un camiño que xa iniciaras. O traballo adáptase ao punto de partida e aos intereses de cada persoa.

Xogar, adestrar, interpretar

Traballaremos a partir do xogo, o adestramento e a improvisación para recoñecer os elementos que constrúen unha escena: o corpo, a voz, o espazo, a escoita, a presenza e a relación coas demais persoas.

A medida que avancemos, entraremos no traballo de personaxes e textos. Crearemos situacións e escenas, probaremos distintas formas de abordalas e aprenderemos tamén a observar e escoitar o que sucede cando estamos en escena.

A interpretación é unha ferramenta para o escenario, pero tamén para moitas outras cousas: observar, comprender outras perspectivas, expresar o que queremos comunicar, relacionarnos e descubrir posibilidades que non probaramos.

Do adestramento á escena

O curso construirase progresivamente. Partiremos do adestramento e do xogo para ir incorporando o traballo con personaxes, textos e escenas.

A partir dese proceso, será o propio grupo o que nos vaia indicando cara a onde avanzar: unha proposta coral, traballos individuais ou diferentes formas de creación escénica.

Non se trata unicamente de aprender a interpretar un personaxe. Trátase de descubrir que podemos facer con el.

Escolle o teu grupo

Unha sesión semanal.

Mércores· 11:00 h

Grupo de mañá

Luns · 19:00 h

Grupo de tarde

Xoves · 19:30 h

Grupo de tarde

Os grupos formaranse segundo as inscricións. Se fose necesario axustar algún horario para facilitar a súa formación, falaremos coas persoas inscritas.

Prazas limitadas por grupo.

Información

De outubro de 2026 a xuño de 2027, incluído

Cota: 60 € / mes

Coordina: Carlos Colmenero, director de Molembir Teatro

Lugar e promoción da actividade: Ese Sitio
r/ Orzán 194, baixo · 15003 A Coruña

Cando o traballo o requira, poderanse realizar ensaios en escenario.

Queres participar?

Cóntanos os teus datos e dinos que grupo prefires. A elección de horario axudaranos a organizar os grupos.

A inscrición mediante este formulario non supón a confirmación automática da praza. Poñerémonos en contacto contigo para confirmar o grupo e a dispoñibilidade.

    Preferencia de grupo *

    Indica el horario que prefieres. Los grupos se formarán según las inscripciones y te confirmaremos la disponibilidad de plaza.

    Tamén podes escribirnos:

    info@esesitio.com
    WhatsApp · 687 139 139

    ¡ Comparte el cartel !

    Comparte y difunde en tus redes: