Publicado o

En Feminino Encontro de emprendedoras | 28.02

Comezamos cos encontros de emprendedoras En Feminino que organizan Fundación Mujeres e, agora, Ese Sitio.

Son reunións de mulleres emprendedoras (con empresa ou en proxecto de téla) para compartir experiencias, tecer unha rede de contactos e aprender.

Nesta sesión o obradoiro Unha instantánea ás túas redes sociais. As redes sociais é unha das primeiras canles por onde nos coñecen ou onde miran a actividade da nosa empresa ou perfil profesional.
Como nos están vendo nas redes? Que mensaxe estamos a transmitir?
Neste obradoiro express imos poñer en común os perfís das nosas empresas/profesións. Carmen Martínez (comunicadora e fotógrafa) guiarános nesta radiografía e nos dará unhas pautas de mellora ou cambio. Vén auditar as túas redes!

Será o martes 28 de Xaneiro
De 15.30h a 17h

Lugar
Ese Sitio. r/ Orzán 194, 15003 A Coruña (perto da Pza. Pontevedra)
Acceso libre
Inscricións
info@esesitio.com
687 139 139 (whtatsapp)

En femenino. Encuentro de emprendedoras en Coruña
Comparte y difunde en tus redes: