Publicado o

Obradoiro de Iniciación ao lettering: Debuxa letras | Sábado 23.04

Próximo obradoiro de iniciación ao lettering o sábado 23 de abril (o día do libro) de 11h a 14h.

Unha aproximación para:

  • Realizar as formas básicas das letras minúsculas,
  • Debuxar as letras.
  • Facer combinacións de cor nas letras e a introducción dalgunha forma ornamental.
  • Dar os primeiros pasos no lettering

Obxectivos:

• Aprender lettering con pincel.

• Iniciar ás técnicas e materiais de debuxo e pintura.

• Comezar a escribir cas diferentes ferramentas ca axuda das

pautas, para que as letras teñan armonía e ritmo.

• Introducir a teoría da cor.

• Compoñer formas ornamentais a partir de formas

xeométricas e orgánicas.

Imparte
Alba Farto

Inscricións
info@esesitio.com
Tel. 687 139 139

Cuota
30€/persoa. Material incluido

Publicado o

Obradoiro de Lettering iniciación | Sábado 19.02.22

Lettering: arte de debuxar letras, Ilustrar letras (dar luz ao texto)
Caligrafía: arte de escribir letras bonitas

Aprende a facer letras con pincel dun xeito doado, con formas básicas para logo con frescura e expresividade crear o teu propio estilo.

Nos primeiros pasos farás caligrafía para logo cando teñas soltura no trazo dar renda suelta a creatividade para facer lettering.

Farei referencia a un alfabeto tipo itálica, trazos finos e gruesos e as letras lixeiramente inclinadas, como a cursiva.

Amosarei como hai que coller o pincel, como mover a man e como apoiar e levantar o pincel do papel, cosas sinxelas que normalmente nos comezos pasamos por alto. Tamén como utilizar rotuladores tipo pincel, plumillas, bolis, etc. e sacarlles o máximo partido!

Os materias que utilizaremos serán:
+Rotulador-pincel con depósito de auga
+Tinta caligráfica negra
+Tintas acrílicas de cores
+Modelos de letras
+Papeis pautados para utilizar como refencia
+Diferentes papeis para probar en diferentes superficies
+Lapis e gomas

O gurpo será reducido
A atención personalizada!

Aprende a facer letras con pincel dun xeito doado, con formas básicas para logo con frescura e expresividade crear o teu propio estilo.

Nos primeiros pasos farás caligrafía para logo cando teñas soltura no trazo dar renda suelta a creatividade para facer lettering.

Farei referencia a un alfabeto tipo itálica, trazos finos e gruesos e as letras lixeiramente inclinadas, como a cursiva.

Amosarei como hai que coller o pincel, como mover a man e como apoiar e levantar o pincel do papel, cosas sinxelas que normalmente nos comezos pasamos por alto. Tamén como utilizar rotuladores tipo pincel, plumillas, bolis, etc. e sacarlles o máximo partido!

Os materias que utilizaremos serán:
+Rotulador-pincel con depósito de auga
+Tinta caligráfica negra
+Tintas acrílicas de cores
+Modelos de letras
+Papeis pautados para utilizar como refencia
+Diferentes papeis para probar en diferentes superficies
+Lapis e gomas

O grupo será reducido
A atención personalizada!

Día: sábado 19 de febrero

Horario: de 11h a 14h

Inscrición obradoiro: 30 euros

Reservas:
info@esesitio.com

Publicado o

Curso de fotografía e laboratorio de escritura | Xuvenil: de 11 a 15 anos

Aberta a inscrición do curso de Fotografía creativa para mozas (11-15 anos). Comezamos en outubro.

Imparte: Carmen Martínez

E que aprenderán?

As actividades están pensadas para que poidan expresar a súa realidade, descubrir cousas de ellxs mismxs á vez que desenvolven un pensamento crítico, exploran a súa identidade e reflexionan antes de disparar.

Ademais este ano incorporamos o «laboratorio de escritura» para que saiban facer os seus propios textos nos seus blogs… Poden vir con calquera dispositivo que faga fotos.

INSCRICIÓNS

Lugar: Ese Sitio r/Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña

Horario: venres de 18h a 19:30

Prezo: 50€/mes

Idade: 11-15 anos

Info e incricións: Info@esesitio.com 687 139 139

Publicado o

Clases de fotografía para adultos

Aberta a inscrición do curso de Fotografía para adultos. Está estructurado en obradoiros de 3 módulos. Comeza en Outubro e cada módulo desenvólvese nun trimestre. Son módulos independentes de nivel iniciación, medio e consolidación.

Imparte: Pablo Mella

CONTIDO

MÓDULO INICIACIÓN (12h)
-Planos de Visión. Distancia focal.
-Puntos de Vista.
-Exposición da luz. Valores de exposición.
-Abertura do diafragma. Diafragmas principais.
-Velocidade de obturación. Velocidades principais.
-Sensibilidade do sensor.
-Tipos de obxectivos.
-Prácticas.

MÓDULO INTERMEDIO (12h)
-Espazos de cor.
-Modos de cor.
-Balance de brancos.
-Medición da luz. Sistema de zonas.
-Modos de Exposición.
-Modos de enfoque.
-Tipos de arquivo fotográficos. Fluxo de traballo.
-Calibración do monitor.
-Composición I.
-Fotografía con flash de zapata.
-Prácticas.

MÓDULO CONSOLIDACIÓN (12h)
-Composición II.
-Uso do trípode.
-Fotografía con flash de estudo.
-Edición de fotografía. Traballo en Tiff. Perfiles de cor. Capas. Conversión a JPEG.
-Prácticas.

HORARIO E CUOTA

Mércores de 20:30h a 21:45h

Cuota: 60€/mes ou 150€/trimestre

Inscricións: info@esesitio.com | 687 139 139

PABLO MELLA

Nado en A Coruña en 1975
Licenciado en Arquitectura poa Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Coruña
Participante en diferentes exposicións individuais e colectivas dende 2003
Profesor de obradoiros de fotografía na Universidade da Coruña dende 2004
Participante na V Bienale Internazionale d’Arte Contemporanea di Roma en 2004
Fotógrafo do IV Encontros Internacionais de Arquitectura en 2005
Gañador do concurso de fotografía Xurxo Lobato en 2005 e 2006
Membro do xurado do concurso de fotografía Xurxo Lobato dende 2007 ata 2015
Membro fundador de NO IMPORTA taller creativo en 2012
Membro da exposición itinerante Vacío Construído en 2012
Membro de ARGA (Asociación Gallega de Artistas Plásticos) dende 2012 ata 2015
Participante no Fringe Madrid Festival de Artes Escénicas y Música en 2014, co proxecto Interface
Docente nas I Xornadas Galegas de Fotografía 2015
Docente nas II Xornadas Galegas de Fotografía 2016
Fotógrafo da I Edición de Premios Connexio en 2020, do Concello de Lugo
Fotógrafo da Exposción Domingo de Andrade. Xenio e Oficio, da Consellería de Cultura e Turismo e o Coag
Colaborador en diversas publicacións e entidades culturais de ámbito nacional.
Fotógrafo-colaborador das entidades:
-Galería Vilaseco
-Concello da Coruña
-Fundación María José Jove
-Incoga Norte Smart Building
-Abeconsa Construcción
-Consultarte y Restaurarte S.L.
-The Art of Things
-Soma [arquitectura imasd]

Publicado o

Laboratorio das artes | Novo grupo o luns pola tarde

Neste espacio creativo terá lugar unha viaxe experimental cas diferentes técnicas do debuxo e a pintura.
Exploraremos a linguaxe da imaxen, exercitando a mirada creativa no ordinario, nos obxectos que nos rodean, o día a día, buscando novas maneiras de velos. Asumiremos riscos, cometeremos erros e aprendemos deles.
Buscaremos a esencia das formas, sintetizarémolas. Organizaremos formas e cores facendo diferentes combinacións e composicións.
Descubriremos diferentes recursos e formas de expresión.

A atención será individualizada, serás acompañada durante o proceso creativo facilitándoche ferramentas.
Fomentarase o diálogo, os participantes son parte activa.

Os materiais están incluídos, agás o lenzo (bastidor con tea).
Traballarás con diferentes tipos de papeis e con técnicas secas: lapis, grafito, carboncillo, pasteis, lapis de cores, ceras, rotuladores; e técnicas húmidas: tintas, acuarelas, acrílicos e témperas.

Imparte Alba Farto
Os luns de 17.30h a 19h
Para todas as idades
Inscricións: info@esesitio.com | Tel. 687 139 139
Lugar: Ese Sitio. r/ Orzán 194 baixo. 15003 A Coruña

Publicado o

Laboratorio de Arte Textil | Novo grupo os xoves

Encontro semanal onde poderás desenvolver as túas habilidades creativas, aprender técnicas novas, descubrir materiais e empezar a crear as túas propias pezas con fío e agulla ~ Un espazo para partillar ideas, dúbidas e inquedanzas; para xogar, experimentar e gañar confianza no teu proceso gracias ao apoio do grupo.

Requisitos: Calquera persoa pode incorporarse a este obradorio, a formación adáptase a todos os niveis e non son precisos coñecementos previos.

Datas: xoves de 18 a 20h

Lugar: ESE SITIO (C/Orzán, 194 – A Coruña)

Inscripcións: info@esesitio.com | 687 139 139

Prezo: 45€ / mes

Publicado o

THE SNIPER Photoshot | Xogo-concurso 16.07

THE SNIPER Photoshot

Gostarías de pasar un rato carallán a través da fotografía? Pois ven e sé rápid@ movéndote porque veñen tras de ti e levan cámara !

O venres 16 de xullo ás 20:30h faremos un percorrido polas rúas máis fedellas do centro da Coruña.

· Entregarémosche un mapa.
A túa  arma será a túa cámara ou o teu móbil.
· Terás 30-45 min para disparar aos teus obxectivos.
· Cantos máis obxectivos cumpridos máis puntos cara o teu título do mellor Sniper.

Ao cabo voltaremos a nosa base de operacións contaremos os cadáveres fotográficos e a triunfador@ revelará o segredo da súa técnica mentres disfrutamos dunha bebida espirituosa.

Guían a sesión Carmen Martínez e Pablo Mella

Cota participación: 10 euros

10 Prazas máximo, reserva a túa aquí—> tel: 687 139 139 email: info@esesitio.com

Publicado o

AlterOcio | Ocio alternativo en Xullo

Adianto de todas actividades os venres e sábados durante o mes de Xullo

AlterOcio, ocio alternativo para xóvenes maiores de 30 anos

AlterOcio, xoga, descubre, aprende, socializa e toma algo

Publicaremos máis info de cada actividade, deixámosvos o cartaz e xa podedes ir planificando e reservando praza.

SÁBADO 3 DE XULLO ás 19.30 H: IMPROVISACIÓN TEATRAL
Non é necesario ter un talento especial nin formación previa. Só necesitas ganas de investigar en que consiste isto da improvisación. Tamén che pode servir para adquirir ferramentas útiles na vida diaria ou como método de autoconocimiento.
Mediante xogos e dinámicas teatrais desenvolveremos a nosa creatividade para crear historias en escena.
Guía a sesión Marta Mato.

SÁBADO 3 DE XULLO ás 22.30 H: DEBUXO NOCTURNO
Taller de debuxo na rúa, coas últimas luces.
Apto para non debuxantes.
Debuxarás as luces e os reflexos. Experimentarás o poder da liña branca sobre o fondo escuro (normalmente debuxamos escuro sobre claro, nesta ocasión farémolo á inversa). Despois engadirás notas de cor, con cores primarias dos lapis. Buscarás os máxmos contrastes.
Descobre a capacidade expresiva dos lapis de cor, cun desenvolvo sinxelo pero efectivo.Todo o material incluído: taboleiros, cinta adhesiva, pinzas, papeis, lapis de cor, creta branca, gomas.
Guía a sesión Alba Farto

VENRES 9 DE XULLO ás 20:30 h: ILUSTRA UNHA CANCIÓN
Taller de iniciación á colaxe tomando como inspiración unha canción
Sen necesidade de coñecementos previos e con ganas de pasalo ben.
Traerás unha canción elixida desde a casa (mellor sen letra), escoitaremos as cancións no taller, con papel e lapis a man para anotar ideas, logo escollerás de entre unha variedade de imaxes as que che axuden a ilustrar esa canción. Se a canción ten letra a ilustración que non sexa literal.
Pasarás a compoñer a imaxe, eu acompañareiche no proceso.Todo o material incluído: cartolinas, tesoiras, lapis, papeis, gomas, recortes de imaxes variadas.
Guía a sesión Alba Farto

SÁBADO 10 DE XULLO ás 19:30 H: CLOWN
Todas e todos temos un pallaso dentro de nós, que nos pode axudar a levar a vida desde un punto de vista máis positivo e optimista. Traballaremos sobre as técnicas para atopar o clown. Entender o seu universo e a visión que ten da vida faranos gozar e eliminar tensións.
Guía a sesión Marta Mato.

SÁBADO 10 DE XULLO ás 22 H: CABARESQUE
Usando técnicas de cabaret e de burlesque, crearemos un alter ego co que traballaremos aspectos como a sensualidade, a comicidade e a complicidade dun ser nós.
Nesta clase práctica todos partimos de cero, sendo unha experiencia na que traballaremos co noso corpo.
Todos os corpos son preciosos, así que partindo desta premisa e reforzando aspectos como a autoestima, a sensualidade e o benestar, xogaremos a adoptar outros roles que están escondidos no noso interior dunha maneira divertida e lúdica.
Para esta actividade é necesario traer roupa cómoda e uns zapatos de tacón alto dos que xa dispoñas.
Esta actividade é mixta, puidendo asistir Mulleres e Homes.
Guía a sesión Alberte Bello.

VENRES 16 DE XULLO ás 20:30 H: THE SNIPER Photoshot (xogo-concurso de fotografía)
Apetéceche pasar un intre divertido a través da fotografía? Pois ven e se rápid@ movéndote porque veñen detrás e levan cámara !
O venres 16 de xullo ás 20:30 h faremos un percorrido polas rúas máis gamberras do centro de Coruña.
Entregarémosche un mapa. A túa arma será a túa cámara ou o teu móbil. Cuantos máis obxectivos cumpridos, máis puntos.
Guían a sesión Pablo Mella e Carmen Martínez.
(Ampliaremos información de participación)

SÁBADO 17 DE XULLO ás 19:30 H: BORDA A túa BOLSA
Taller de iniciación ao bordado no que aprenderás os puntos básicos desta técnica e descubrirás como converter as túas propias figuras en puntadas e texturas. Traballaremos sobre unha bolsa de tea, un proxecto fácil e divertido que dará como resultado un complemento personalizado que non che cansarás de usar este verán.
Nivel iniciación – Non son necesarios coñecementos previos (só tes que traer a bolsa que queiras intervir, preferentemente de cor clara).
Guía a sesión Verónica Novoa

SÁBADO 17 DE XULLO ás 22 H: MAKEUP
Aprenderás a sacarlle máis partido ás túas maquillaxes partindo da morfoloxía do teu rostro.
Aprenderás a detectar a que partes do teu rostro podes resaltar, aprendendendo diversas técnicas e usando as túas propios materiais de maquillaxe.
Nesta clase práctica, usaremos os vosos materiais así que é necesario traer todo aquelo que usedes nas vosas rutinas de maquillaxe. Aínda que contaremos con materiais de apoio adicionais para experimentar con eles.
Esta actividade é mixta, puidendo asistir Mujeres e Homes.
Guía a sesión Alberte Belo.

VENRES 23 DE XULLO ás 20:30 H: LETTERING
Taller de iniciación ao lettering (debuxar letras) Apto para non debuxantes.
Comezarás coas formas básicas, as liñas rectas e curvas, para a man co pincel con depósito (tipo brush- pen) e tinta negra. Combinando estas formas farás todas as letras. Verás como unilas, o espazo que hai entre elas, o tamaño, o ritmo… e xa terás a base para debuxar as túas propias letras!
Xogarás con elas e as cores. Farás mesturas, combinacións e algunha decoración. Probando e experimentando sorprenderaste do que es capaz de facer!
Todo o material incluído: papel pautado, exemplos de lettering, papeis, lapis, gomas, pinceis con depósito, tintas, paletas.
Guía a sesión Alba Farto.

SÁBADO 24 DE XULLO ás 19:30 H: COLAXE BORDADA
Neste taller crearemos unha composición coa técnica da colaxe, pero en lugar de pegamento utilizaremos… puntos de bordado! Aprenderás a técnica básica de bordado sobre papel e contarei algúns truquiños importantes que deberás ter en conta á hora de compoñer as túas pezas.
Nivel iniciación – Non son necesarios coñecementos previos.
Guía a sesión Verónica Novoa

VENRES 30 DE XULLO ás 20:30 H: FOTOBORDADO
Aprende a intervir imaxes con bordado e crea pezas orixinais a partir dos teus recordos! Nesta sesión descubrirás cales son os elementos necesarios para bordar sobre fotografías e aprenderás a expor o teu proxecto en función da mensaxe que queiras transmitir.
Nivel iniciación – Non son necesarios coñecementos previos.
Guía a sesión Verónica Novoa

SÁBADO 31 DE XULLO ás 19:30 H: COMUNICATÚ
Comunicatú é un taller dedicado a mellorar a túa comunicación. Para asimilar os conceptos e investigar o noso propio modo de comunicarnos imos utilizar instrumentos derivados da interpretación teatral.
1) Confianza e empatía. Os conceptos que temos sobre nós mesmos e o resto do grupo establecen as liñas de comunicación. Revisando estas ideas podemos tratar posibles bloqueos e mellorar o trato coas persoas relacionadas co noso negocio. A función que ten o teatro, á hora de poñerse na pel doutro, axudaranos.
2) Linguaxe non verbal. A mensaxe que se lanza no proceso comunicativo non só está no que verbalizamos. É máis importante, mesmo, o que expresamos co noso corpo. Ter control corporal á hora de comunicarnos favorece o contacto co noso interlocutor e axuda a evitar malentendidos.
Guía a sesión Marta Mato.

SÁBADO 31 DE XULLO ás 22 H: APRENDE A SER UN DJ
Se sempre quixeches aprender a ser Dj, nesta clase aprenderás tips para poder achegarche un pouco máis e coñecer de primeira man os aspectos que compoñen unha sesión de picadiscos!
É unha clase teórico práctica de nivel iniciación coa que vas poder descubrir aspectos interesantes sobre a música, a mestura, e que outros elementos contribúen a hora de mesturar música. Non é necesario ter coñecementos previos, nin traer ningún elemento á aula. Cun caderno no que anotar e un bolígrafo, ou mesmo co teléfono móbil é suficiente. Ademais na parte práctica poderás experimentar cunha controladora de audio e cun software e tamén decatarche de que apps existen para poder comezar a mestura.
Guía a sesión Alberte Belo.

INFO Y RESERVASinfo@esesitio.com | Tel. 687 139 139 | c/ Orzán 194 bajo (de 17.30h a 20.30h de lunes a viernes)

Publicado o

‘LA MAR SALADA’

Proxecto fin de curso de Daniel, alumno da escola de fotografía xuvenil de Ese Sitio

Este é Fer, pillado traballando no seu bar “La Mar Salada”, un proxecto propio que comezou a súa andadura no 2016.

Tomar algo na la Mar Salada é viaxar a un chiringuiño de praia, pero non a calquera praia, ¡a una galega!

Está chea de elementos decorativos relacionados co mundo do mar que lle agasallaron persoas do seu entorno: ilustracións, obxectos, madeiras… todo relacionado co mundo do mar.

Se vas visitar este chiringuiño en pleno corazón da Coruña, moi cerquiña da Praza de Pontevedra, verás que todo fabricáronno Fer, a súa moza e os seus amigos.

Mirade! Parece a casa del mesmísimo Custeau !!

Xamáis pensastes vivir nun lugar onde poidas sentir sempre o calorciño?

Pois se vas de cando en vez á “La Mar Salada” sentirás que sempre é verán !

Fotografía e texto Daniel (13 anos)

Publicado o

Debuxa letras | Obradoiro de lettering | Sábado 10.04

Debuxa letras
Obradoiro de iniciación ao lettering

Apto para non debuxantes.


Comenzarás cas formas básicas, as líneas rectas e curvas, para quencer a man co pincel con depósito (tipo brush-pen) e tinta negra. Combinando estas formas farás todas as letras. Verás como unilas, o espacio que hai entre elas, o tamaño, ritmo… e xa terás a base para debuxar as tuas propias letras!

Xogarás con elas e as cores. Farás mesturas, combinacións e algunha decoración. Probando e experimentando sorprenderaste do que es capaz de facer!
Todo o material incluído: papel pautado, exemplos de lettering, papeis “verjurados” de diferentes gramaxes, lapis, gomas, pinceis con depósito, tintas, acuarelas, paletas.
Pequena pausa de 15 minutos á metade do obradoiro.

Docente Alba Farto
Sábado 10 de abril de 10h a 14h
Inscrición 60 euros
info@esesitiio.com | Tel. 687 139 139
Ese Sitio. r/ Orzán 194 baixo. 15003 A Coruña