Publicado o

As Caixiñas dos Meus | Máis que unha sesión de fotos

A Caixiña dos Meus

Somos Marta, Carmen e Mónica. As tres “residimos” en Ese Sitio. Marta é profe de interpretación, Carmen fotógrafa, e Mónica anda enredando cos eventos. Coa cocteleira especial do entusiasmo que manexamos, lanzamos ao espazo A Caixiña dos Meus. Son sesións de fotos e dámos-lles este nome porque teñen o seu aquel, segue a pista:

1º Ao comezar a sesión facemos Xogos teatrais para desinhibición, colocación do corpo, relaxarse, interaccionar, e pasá-lo ben.

Merenda ou cóctel para soltarnos e partillar.

-A todo isto, a fotógrafa vaise coando cual paparazzi

Sesión de fotos individual e de grupo en espazo escénico. Xa tes que pór a proba o ben que o pasades entre vós ou canto vos queredes.

4º Da sesión fará-se entrega dun arquivo dixital e, o máis importante, dunha caixiña con fotos en papel.

Nas sesións infantís adaptamos os xogos e a merenda ás súas idades.

Que caixiñas temos dispoñíbeis?

A Caixa dos Meus é o acto de abrir unha caixa e encontrar os teus recordos e compartí-los. Imaxina abrir esa caixa e atopar outras caixiñas…

[A Caixiña dos e das amigas] Hai tics e bromas que só coas amigas ou amigos tes. Vén xogar con eles aquí e lembrádeo para sempre.

[A Caixiña do amor] Unha sesión de fotos dos que se queren e como queiran. Todas as combinacións do mundo dos que se aman e xa está.

[A Caixiña do entroido] No entroido nos transformamos e vivimos intensamente as nosas personaxes. Queres sacarlle partido á túa idea de disfraz? Queres que os peques poñan a proba a súa fantasía? Propoñémos-vos a ti ou ao teu peque, ao grupo de amigos disfrazados, esta caixiña do entroido..

[A Caixiña dos desexos… o que ti nos pidas!] Se botas de menos algunha caixiña, a preparamos contigo.

Dúbidas

Cantos temos que ser como mínimo u como máximo?
Só temos tope de máximo, 10 persoas. De mínimo pó-lo ti.

Podemos prepararnos en Ese Sitio?
Non é imprescindíbel vir preparados. Nós falaremos con vós antes para saber que vos une, cales son as vosas aficións, os vosos intereses e gostos. Se é un regalo tamén queremos que ti nos fales da outra persoa ou persoas. Deste xeito teremos atrezzo preparado e outras suxestións de vestiario que vos diremos que traigades.

Para A Caixiña do entroido vos animamos a vir disfrazados ou traede algo como un sombreiro, unha perruca, unha capa, …

Onde
Ese Sitio. R/ Orzán 194 baixo. 15003 A Coruña

Cando
Poñemonos en contacto e falamos de datas. Normalmente serán na fin de semana.

Canto
Falamos, as tarifas son moi variabeis. Para facerte unha idea:
– A Caixiña do amor a partir de 160 euros (Reserva do día 50% e entrega de fotos 50%)
– O resto das caixiñas teñen un prezo por grupo a partir de 40 euros / neno ou nena en infantil (reserva do día 50%-20€ e entrega de fotos 50%-20€) e e 55 euros / adulto
(reserva do día 50%-27,5€ e entrega de fotos 50%-27,5€

Duración
De 1 hora e media ou 2 horas, dependendo da caixiña.

Contacto
info@esesitio.com
Tel.: 667 602 096

A Caixiña dos meus. Sesión fotográfica en Coruña
Comparte y difunde en tus redes: