ACURTANDO DISTANCIAS
Exposición de ilustración e poesía
Ilustraciones sobre mulleres
Poemas das ilustracións
Hai un ano que estaba programada esta exposición no espazo Ese Sitio. Fixose unha inauguración online en video e, agora, o facemos de forma presencial o día 6 de marzo para festexar o día internacional da muller.
O concepto desta exposición parte de certo percorrido á inversa do proceso de produción e creación: poemas de ilustracións. O comisariado da exposición comezou explorando a produción artística ao redor da muller no ámbito da ilustración. Nas redes sociais existe un movemento moi activo. Esta exposición recolle unha pequena parte e que é só o comezo doutras futuras edicións. Esta selección de ilustracións abarca conceptos como a muller científica, histórica, tradicional, nas artes, na ciencia,… Das obras en exposición, entregouse unha obra a cada poeta co reto de versificálas.
Desta forma, cada ilustración sobre a muller vai acompañada dun poema.
Ilustradores e ilustradoras participantes: Abi Castillo, Chus Rojo, El primo Ramón, Isabel Ruíz, Lara Lars, Montse Gutiérrez, Paula Mayor e Xulia Pisón.
Poetas participantes: Alma violeta, Anxo Carracedo, Helena Oitavén, Lino Braxe, Nuria Otero, Pedra humanizada, Raquel Vázquez e Rosalía Ajamil.
Comisariado: Mónica Borrás
In Memoriam Lino Braxe
INAUGURACIÓN
Sábado 6 de marzo a partir das 18.30h
Estarán presentes alguns dos artistas participantes.
Exposición Acurtando distancias coas obras e poemas colgadas nas paredes e proxección dos videos. A inauguración, para garantir as medidas de seguridade e higxene, faráse con pases cada media hora, con límite de acceso.
Ese Sitio
r/ Orzán 194 baixo, 15003 A Coruña
Máis información: 687 139 139 (Mónica Borrás)