LIBRARÍA · ILUSTRACIÓN · ESPAZO CREATIVO

Cousas que contan.
Cousas que quedan.

Libros para perderse, arte para quedar e un espazo para crear e compartir. Obradoiros, teatro e encontros no Orzán.

Desde o Orzán, alí onde esteas.

Selección de libros ilustrados de Ese Sitio

ORZÁN 194 · A CORUÑA

ESCOLA ESE SITIO

Obradoiros e teatro

Formación regular e encontros
con artistas e profesionais.

Cartel do curso de interpretación actoral e de textos 2026–2027

CURSO 2026–2027

Interpretación actoral
e de textos

Persoas adultas · Todos os niveis.
Corpo, voz, improvisación, personaxes e escenas.

Con Carlos Colmenero · Molembir Teatro
Duración Outubro de 2026 a xuño de 2027
Cota 60 € / mes

ESCOLA CREATIVA

Obradoiros por sesións

Acuarela, collage, cerámica, técnicas téxtiles e outras formas de crear, con distintas artistas e profesionais.

Ilustración · Artesanía · Téxtil · Comunicación

Consulta as datas de cada proposta e escríbenos se queres impartir un obradoiro.

Cóntanos a túa proposta

EXPOSICIÓNS · ENCONTROS · OBRADOIROS

Axenda e arquivo

Novas e actividades publicadas.
Consulta a data de cada proposta.

Tecendo Redes Emprendedoras: Café-networking e presentación da Escola de Emprendedoras Juana Millán | Xoves 25 de abril

O próximo xoves 25 de abril de 11h a 12h30 en Ese Sitio terá lugar o primeiro evento que 50 …

Taller Collage Pop + Playlist con Antón | Sábado 20.04

Un sábado Pop para aprender a facer colaxe e escoitar Playlist Pop con Antón. Serán 3 horas de papel, tesoira …

Taller de Lettering | 10.02.24 | Debuxa letras bonitas

Próximo taller de iniciación ao lettering o sábado 10 de febreiro de 11h a 14h. Unha aproximación para: Realizar as …

Taller textil de técnica Shibori | 24.02

Utilizando o shibori, unha técnica milenaria de tinguido téxtil procedente de Xapón, deseñaremos un pano de 60×60. Consiste en crear …

Exposición de Belén Diz | Inauguración 21 de outubro con sorteo

O vindeiro venres 21 de outubro inauguramos nova exposición de ilustración. Nesta ocasión contamos coas obras da galega Belén Diz …

Ilustración con collage fotográfico con La Chapera | Sábado 24.09 pola tarde

Repasaremos a historia da colaxe e coñeceremos a lxs artistas contemporánexs máis inspiradorxs.Veremos diferentes técnicas e como crear texturas e …

SOHO ORZÁN

Feirarrúa

Mercado creativo no barrio: arte, ilustración, libros, deseño e artesanía. Un proxecto que tamén forma parte da vida de Ese Sitio.

SERVIZOS PROFESIONAIS

Estudo Ese Sitio

Un equipo de profesionais creativos que traballa en proxectos de deseño, comunicación e organización de eventos.

estudio@esesitio.com

Coñecer o estudo

01

Deseño web e tendas en liña

Espazos dixitais para presentar a túa actividade e achegar os teus produtos.

02

Imaxe de marca e deseño

Identidade visual e pezas de comunicación para marcas e proxectos culturais.

03

Contidos e redes sociais

Redacción, comunicación e estratexia dixital.

04

Fotografía e vídeo

Imaxes para produtos, espazos e proxectos.

05

Organización de eventos

Encontros, presentacións, obradoiros e mercados creativos. Planificación, coordinación e comunicación.

Obras expostas no espazo de Ese Sitio

Fotografía: @CarmenMb

O ESPAZO · ORZÁN 194 · A CORUÑA

Un sitio para
a cultura de preto.

Ese Sitio reúne unha libraría, unha tenda de ilustración e deseño, un estudo creativo e un espazo de actividades no Soho Orzán da Coruña.

Aquí teñen lugar obradoiros, clases de interpretación, exposicións, presentacións e encontros. Traballamos con creadoras, editoriais e proxectos de proximidade.