Publicado el

Obradoiro de Cestería | 23.11.19

Obradoiro de cestería na Coruña

Neste obradoiro realizaremos unha cesta asimétrica con asa de madeira. Explicaremos os fundamentos e procedementos de traballo, as nocións básicas sobre materiais e as ferramentas que se necesitan para a cestería.
Coñeceremos os principios estructurais, a confección das diferentes partes desde á base ata o remate e diferentes técnicas de texido.

Nivel: iniciación
Número de prazas limitadas

Data: 23 de Novembro
Horário: de 10h a 14h e de 16h a 20h
Duración: 8 horas
Data límite de inscrición: mércores 19 de Novembro

Cuota inscrición: 60€
Material incluido no taller: fibras vexetais como medula de ratán, tireta e corda de algas.
Necesidades do alumno: traer tesoiras e navalla.
Inscricións e info: info@esesitio.com · 687 139 139

Lugar: Ese Sitio. r/ Orzán 194, 15003 A Coruña

Imparte: La Parabólica – Julia de la Cal

Comecei no mundo da cestería en 2010, durante os meus estudos de deseño industrial na Escola Massana. Posteriormente realicei o Taller de Posgrao Off Massana de artesanía e deseño. Realicei cursos e talleres en Catalunya e o norte de Europa e tamén o curso de Cestería, Deseño e Arquitectura Verde en Garaion NaturArtea (Araba).
O meu traballo foi seleccionado para as Medallas Adi Fad (Foment de les Arts i el Disseny); para o Mercat d’idees do BCD (Barcelona Centro de Diseño) e tamén forma parte da exposición Síntesi de A-Fad, da instalación Recuncho de Vimbio, con Idoia Cuesta, no Museo do Pobo Galego e a intervención no espazo Enleadas no Museo Centro Gaiás.

www.laparabolica.com
IG: @la_parabolica

TAller de cestería en Coruña
Comparte y difunde en tus redes: