Obradoiros de deseño e pintura da natureza

Esta serie de Obradoiros que nos achega Calros Silvar introducirá aos usuarios nas técnicas básicas empregadas na realización de bosquexos de campo, tanto en branco e negro como a cor, e tamén inclúen saídas.
Son obradoiros temáticos e, cada un deles, trántanse diferentes técnicas e contidos.

O obxectivo é espallar unha disciplina artística pouco praticada e desenvolver as capacidades expresivas e a habilidade persoal, que permita ao alumno a recolla de información gráfica e complementar coas observacións de fauna e flora.

PROGRAMA

SÁBADOS DE 10H A 14H
(son sesións independentes)

14 DE MARZO
OBRADOIRO DE INICIACIÓN.
Conceptos básicos:
O Bosquexo de Campo

11 DE ABRIL
OBRADOIRO DE FLORA.
Árbores

9 DE MAIO
OBRADOIRO DE ANIMAIS.
Estáticos

13 DE XUÑO
OBRADOIRO DE PAIXAXE.
Iniciación

Dirixido a adultos e nenas/nenos
Non fan falta coñecementos previos

DESCONTOS SEGÚN SESIÓNS
(Combina ti as que queiras)

1 SESIÓN · 30 euros
2 SESIÓNS · 25 euros / sesión
COMPLETO · 20 euros / sesión

INFO E INSCRICIÓNS
info@esesitio.com
Tel. 687 139 139

LUGAR
Ese Sitio
r/ Orzán 194 Baixo
15003 A Coruña

ilustración, Natureza, taller, obradoiro na Coruña
Comparte y difunde en tus redes: