Obradoiro de Cestería intuitiva | 21.03

DESCRICIÓN
Obradoiro intensivo de Cestería no que coñeceremos os principios deste oficio artesán dende a praxe, achegarémonos a unha das técnicas contemporáneas de tecido con vimbio e faremos unhas bolas moi molonas!.

PROGRAMA
Neste obradoiro explicaremos os fundamentos e procedementos de traballo, as nocións básicas sobre os materiais e as ferramentas que se precisan na cestería.
Aplicaremos a Cestería Intuitiva ou Técnica do Caos, unha técnica de tecido ao azar. Tamén se lle chama ‘técnica niño’ xa que se inspira na natureza: en como os paxaros tecen os seu niños. Neste obradoiro, todas as persoas poderán aportar o seu grao de area, sen precisar coñecementos previos en cestería, e así, ser capaces de tecer e entrelazar varas de vimbio sobre a estrutura inicial para conseguir ao final do obradoiro a súa bóla de vimbio.


Título do obradoiro: Cestería Intuitiva Técnica do Caos
Nivel : Iniciación
Data: 21 de marzo
Duración: 8 horas
Horario: Sábado en horario de mañá e tarde (de 10h a 14h e de 16h a 20h)
Cuota de inscrición: 70€ por adultx
Oferta familiar: 1 adultx + 1 crianza: 100 €
Data límite de inscrición: 18 de marzo (incluído).
A inscrición formalízase mediante o pagamento do 50% da cuota.
Inscricións e info:
info@esesitio.com
Tel. 687 139 139
Lugar:
Ese Sitio
r/ Orzán 194 baixo
A Coruña 15003

DESTINATARIAS
Calquera persoa que queira iniciarse neste traballo manual e pasalo ben.
Adultes e crianzas (a partir de 6 anos).
As crianzas precisan dunha persoa adulta responsable que tamén participe no obradoiro.

MATERIAL INCLUÍDO NO OBRADOIRO
Vimbio do país e outros materiais que nos sirvan para tecer e amarrar.

NECESIDADES
Tesoiras de podar e ganas de aprender colectivamente dunha maneira divertida.

DOCENTE:
Julia de la Cal | La Parabólica
Comecei no mundo da cestería en 2010, durante os meus estudos de deseño industrial na Escola Massana (Barcelona). Posteriormente cursei o Taller de Posgrao Off Massana de artesanía e deseño. Formeime en Catalunya, no norte de Europa e tamén participei no curso de Cestería, Deseño e Arquitectura Verde en Garaion NaturArtea (Euskadi).
O meu traballo foi seleccionado para as Medallas Adi Fad (Fomento de las Artes y el Diseño); para o Mercat d’Idees do BCD (Barcelona Centro de Diseño) e tamén forma parte da exposición Síntesi de A-Fad. No 2014 creamos o Ateneu d’Oficis de La Base, un espazo cooperativo onde compartir oficios, saberes e recursos. Son membra da Associació Catalana de Cistellaires dende aquela.
Volvín á terriña a finais de 2015, onde obtiven a Carta de Artesá e continúo traballando tanto no campo do deseño coma no da cestería. Co-dirixín a instalación ‘Recuncho de Vimbio’ no Museo do Pobo Galego e a intervención no espazo ‘Enleadas’ no Museo Centro Gaiás. Colaboro con diferentes entidades e profesionais, desenrolando obradoiros participativos con Especies de Espazos, A Casa Colorida, Ecolectivo, Asociación Galega de Artesáns, Fundación de Artesanía de Galicia e cursos de cestería tradicional e contemporánea, tamén participo en feiras e encontros dentro e fóra da Galiza.
www.laparabolica.com
Ig: @la_parabolica

Obradoiro de Cestería intuitiva con la parabólica en Coruña
Comparte y difunde en tus redes: